
Os favoritos para a vitoria cumpren os prognósticos a dúas semanas do campionato nacional de Sevilla.
Na mañá de onte celebrábase no encoro de Belesar, na localidade de Taboada unha nova edición do Campionato Galego de Inverno 2017, sobre a distancia de 5000 metros para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano.
Diego Romeu do Breogán do Grove levou o seu terceiro título de campión de inverno consecutivo en C1 senior, por diante dos canoistas do Kayak Tudense Manuel Garrido e David Costa. En muller senior canoa a medalla de ouro foi para Jenifer Casal do EP Cidade de Pontevedra, segunda e terceira foron Lara Outón do Breogan e Raquel Rodríguez do Portonovo.
Polo que respecta ao kaiak senior en mulleres Tania Fernández do Fluvial de Lugo e Tania Álvarez do Breogán terminaron primeira e segunda respectivamente despois dun longo sprint, a terceira posición foi para Carla Sieiro do PiraguismoPoio. Pola contra en homes, o asturiano do Kayak Tudense Emilio Llamedo impúxose ao seu compañeiro de equipo Aarón Diéguez, terceiro foi Diego Dacosta do Ría de Aldán, Iván Alonso sufriu un volvo cando ía no grupo de cabeza que lle fixo perder todas as súas opcións de loitar por gañar a proba.
Na categoría Xuvenil os distintos vencedores foron Luís Rodríguez-Piragüismo Portonovo, segundo foi David Dá Rocha-Kaiak Tudense e terceiro foi Iván Fernández-Ría de Pontevedra en kaiak.Noel Domínguez-Breogán logrou gañar na modalidade de canoa por diante de David Barreiro e Pablo Graña ambos do Náutico Rodeira. Pola súa banda Carolina García- C.E.P. Cidade de Pontevedra venció en muller kaiak Marta Iglesias-Ría de Aldán, foi segunda, investindo as posicións do 2016 e terceira foi Antía Santiago-Piragüismo Illa de Arousa. Na modalidade de canoa feminina os tres primeiros postos foron para María Pérez – Náutico Ribadumia, seguida de Andrea Vázquez-Rías Baixas e NoaTourís-As Torres.
Pola súa banda, na categoría cadete kaiak Gabriel Martínez-Ribeiras do Tambre foi o primeiro en cruzar a liña de meta, en segundo e terceiro lugar chegaron Joaquín Igrexas-Piragüismo Verducido e Xoel García-Kaiak de Foz. A kayakistaRaquel Torres-Piragüismo Verducido gañou a súa regata por diante das dúas padeeiras do EP Cidade de Pontevedra Alejandra Manso e Fátima Moreira. Manuel Fontáns-Náutico Ribadumiaalzanzó a primeira praza na modalidade de canoa, secundado por Abel Dacosta- Ría de Aldán e Pedro Citoula-Náutico Pontecesures. As canoistas do E.P Cidade de Pontevedra María da Pena e Sara Abilleira foron primeira e segunda e Iria Rey-Náutico Pontecesures terceira.
Os vencedores nos distintos grupos de idade na categoría veterano na modalidade de kaiak foron: Angel Pico-Xuvenil As Pontes(35-39), Antonio Polo-Xuvenil As Pontes(40-44), Bernardo Sánchez-Fluvial O Barco(45-49), Miguel Sánchez-Piragüismo Olívico(50-54), Celso Mártínez-E.P. Cidade de Pontevedra(55-59), Domingo Vía-Náutico Betanzos(60-64).
Na modalidade de canoa os gañadores foron: David Veiga-Ría de Betanzos(35-39), Jesús Pérez-Piragüismo Aldán(40-44), Rafael González-Kaiak Tudense(45-49), Marcelino Cacabelos-Kaiak Tudense(50-54).
As mulleres vencedoras na categoría veteranos foron: María de Palacio-Piragüismo Olívico(35-39), Rut Otero-Breogán O Grove(40-44), Rosa Barros-Piragüismo Olívico(45-49).



