spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense fai dobrete no Campionato Galego de inverno

O Kayak Tudense fai dobrete no Campionato Galego de inverno

o-kayak-tudense-fai-dobrete-no-campionato-galego-de-inverno

O encoro de Belesar, no municipio lucense de Taboada, volveu acoller despois de moitos anos unha proba de piragüismo, unha aposta da Deputación de Lugo e o concello lucense xunto coa Federación Galega para expandir este deporte por todo o territorio galego.

Unha vez disputadas todas as probas, dirimíanse as distintas clasificacións masculinas e femininas do campionato. Na categoría senior masculina o Kayak Tudense lograba o primeiro posto por diante do Club Piragüismo Vilaboa e o Club Naval de Pontevedra, segundo e terceiro respectivamente, por outra banda na xeral feminina volvía repetir vitoria o Kayak Tudense, esta vez impoñíase ao Club de Mar Ría de Aldán e o Breogán do Grove.

Os vencedores da categoría Home Xuvenil foron en primeira posición o Club Naval de Pontevedra, segunda posición para o Club Piragüismo Verducido, terceiro o Club Náutico Pontecesures. En mulleres o primeiro club clasificado foi o Club Piragüismo As Torres, segundo foi o Club Piragüismo Rías Baixas e terceiro o Club Breogán do Grove.

O E.P. Cidade de Pontevedra fu o o primeiro na categoría Home Cadete por diante do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, o terceiro lugar do pódium foi para o Club Náutico Pontecesures. En mulleres volvía gañar o E.P. Cidade de Pontevedrapor diante do Kayak Tudense e o Náutico Pontecesures.

Por último, os tres primeiros clasificados en Home Veterano foron en primeira posición o Club de Mar Ría de Pontevedra, segundo sería o Club Náutico Betanzos e terceiro foi o E.P. Cidade de Pontevedra doutra banda na categoría Muller Veterano o Club Breogán do Grove levaría a vitoria seguido polo Club Piragüismo Olívico e o Club de Mar Ría de Aldán
A seguinte competición na que participarán os clubs galegos será o próximo fin de semana do 18 e 19 de Marzo en Sevilla coa disputa do Campionato de Inverno, que abre as competicións da liga nacional.

- Publicidade -spot_img