spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaElefantes de papel volve a visitar A Guarda

Elefantes de papel volve a visitar A Guarda

elefantes-de-papel-volve-a-visitar-a-guardaElefantes de papel volve a visitar A Guarda cando xa cumpliron a metade das 52 presentacións que teñen pensado levar a cabo.

Este proxecto solidario, nado no mes de xaneiro, está recorrendo a nosa xeografía cun proxecto solidario co que pretenden visibilizar e recadar cartos para diferentes colectivos, asociacións ou ONG´s.

Coma sempre. doarán un euro por libro vendido á asociación sen ánimo de lucro Conrazones de A Guarda e a maiores outro euro á asociación Paleng Children´s Center  de Lesotho e co que tamén colabora o IES A Sangriña de A Guarda.

A maiores visitan centros da terceira idade, de saúde mental, colexios e institutos onde, de xeito gratuíto, implican aos seus usuarios na teatralización dalgúns dos relatos do libro.

O proxecto non acaba aquí. O libro tamén será transcrito a Braille pola ONCE coa finalidade de que chegue ao maior número de persoas.

O luns, 30 de abril pasarán a mañá nos centros Avelaíña e San Xerome, lendo relatos cos seus usuarios e pola tarde presentarán o libro e o seu proxecto solidario ás 18.00h. na biblioteca do Centro Cultural de A Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.