Inicio Val Miñor Baiona Un grupo de estudantes e catedráticos achégase a Baiona para coñecer o...

Un grupo de estudantes e catedráticos achégase a Baiona para coñecer o Proxecto Poseidón

un-grupo-de-estudantes-e-catedraticos-achegase-a-baiona-para-conecer-o-proxecto-poseidonO Proxecto Poseido II – futuro talaso natural de Baiona – capta a atención dun grupo de estudantes e catedráticos

O alcalde de Baiona, Angel Rodal, recibiu a un grupo de estudantes de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e aos seus profesores catedráticos, de España e Irlanda, que se interesaron por coñecer os proxectos de recuperación da cetaria de Monte Boi. Foi desde a Universidade, que puxéronse en contacto cos Grupos de Acción Costeria de Galicia e de todos chamoulles a atención o proxecto Poseidón I, primeira fase xa terminada, e Poseidón II, a piques de iniciarse en Baiona, que forma parte do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda. Rodal acompañado polos estudantes, os catedráticos e responsables do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda desprazáronse ata a propia cetaria para explicarlles in situ o Proxecto Poseidón II.

O proxecto Poseidón II trátase dun talaso natural, ao aire libre e gratuíto que se creará na cetaria que está á beira da Torre da Tenaza e nas que se cultivaba lagosta ata mediados do século XX.

Quixemos dar un paso máis e o novo proxecto prevé un espazo de relax saudable no propio mar. “A pretensión é habilitar esta piscina de 300 metros cadrados cun sistema de chorros que funcionará seis meses ao ano“, indicoulles o Alcalde. “É un exemplo de como rendibilizar os nosos recursos e do poder terapéutico das algas, os oligoelementos e o mar e será o primeiro talaso natural, ao aire libre e gratuíto de Galicia e Baioneses e visitantes gozarano nun marco inigualable coas Illas Estelas e as Ciés de fondo e no horizonte o Oceáno Atlántico”, destacou o rexedor.

O Angel Rodal tamén explico aos estudantes outros proxectos da vila que foron financiados polo GAC 7. Rodal insistiu que “aínda que e a actualidade a Real Vila é un municipio turístico todos os proxectos levados a cabo apostan pola integración nas raíces marítimas da vila”.

A localidade de Baiona tamén foi o lugar escollido por ser un exemplo de boas prácticas e un modelo de integración e cooperación entre os diferentes proxectos. A complementariedade das actuacións desenvolvidas nos últimos anos e cofinanciadas polo GAC 7 é evidente en Baiona.

O Concello de Baiona puxo en marcha 4 proxectos con axuda do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda: A recuperación dunar da Ladeira, a recuperación da antiga cetaria de Monte Boi, a recuperación da contorna da marisma da Praia Ladeira. Ademais do plan de explotación de algas. Tras a visita ao Concello, a comitiva estudiatil dirixiuse ata a praia Ladeira para coñecer a recuperación do entrono da marisma e o proxecto de Wesport Ladeira.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies