spot_img
InicioBaixo MiñoDúas medallas de ouro e unha de bronce para o Club Remo...

Dúas medallas de ouro e unha de bronce para o Club Remo do MIño Tui-Seta na Regata XXXVII Internacional de Coimbra”Queima dás Fitas”.

Dúas medallas de ouro e unha de bronce para o Club Remo do MIño Tui-Seta na Regata XXXVII Internacional de Coimbra"Queima dás Fitas".
Podium Catro Scull Feminino

Dúas medallas de ouro e unha de bronce para o Club Remo do MIño Tui-Seta na Regata XXXVII Internacional de Coimbra”Queima dás Fitas”.

O Club organizador Académica e a localidade de Coimbra, organizaron un ano máis a XXXVII Regata Internacional Queima dás Fitas. Regata á que este club vén asistindo case desde o seu inicio. O Remo do Miño, non pudo asistir con todo o equipo sénior como habitualmente viñan facendo. Pero problemas (traballo, estudos) dos remeiros, soamente puideron asistir dous representantes e os mozos que xa empezan a chegar con forza e que o fixeron moi ben.

A primeira medalla de ouro veu da Skifista Infantil LARA OLIVEIRA, que nunha extraordinaria regata conseguiu alzarse coa vitoria. Gaño a súa eliminatoria, e no cómputo xeral foi a vencedora. Nesta mesma modalidade, remo a tamén novísima MARTA GONZALEZ que gaño con moita facilidade a súa eliminatoria, pero quizais a inexperiencia e o verse diante, non pensou que, non só remaba contra as da súa manga, senón tamén contra o resto, o que a despistou un pouco, e iso tróuxolle un gran desgusto.

A outra medalla de ouro, veu da man dos dous remeiros absolutos FRANCISCO JAVIER ALVAREZ e ISAAC PRADA, que xunto aos remeiros do club Cedeira JOAQUIN MONTERO e CHEMA, e o temoneiro DAVID LAGO, fixeron o Catro con Temoneiro Absoluto Masculino. Fixeron unha saída impresionante, colleron a cabeza desde o principio, entrando en meta con moita vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores. A medalla de BRONCE, viría da man das remeiras do Catro Scull Absoluto Feminino, aínda que todas eran xuvenís. CARLOTA GONZALEZ, MARÍA MAIDANA, PAULA PRADA e ADRIANA COSTAS, conseguiron o pase á final gañando a súa manga, e xa na final conseguirían a moi meritoria medalla de bronce.

Outros resultados viñeron, no Skiff cadete Masculino, BRUNO MISA, conseguiría a 5º posición e JOHANES PREIS a 15º posición dun total de 29 deportistas nesta modalidade. En Dobre Scull Infantil Feminino, MARIA ARÍAS e MARTINA JUNCAL quedaron de novenas nunha magnifica regata. PATRICIA REGO e VALENTINA VILLAR quedaron de 17 levando un verdadeiro sofocón, xa que se lles salío o carro e non puideron facelo mellor, o que lles causo un verdadeiro drama a estas novísimas remeiras.

En catro Scull estas mesmas remeiras, participarían en Catro Scull Cadete, aínda que eran infantís, quedando en noveno lugar. O 2x Infantil masculino formado polos novísimos DAVID LAGO e RAPHAEL JOSHUA obterían unha magnifica 7º posición de 20 embarcacións. O Dobre Scull absoluto Formado por FRANCISCO JAVIER ALVAREZ e ISAAC PRADA, quedarían en 5º posición na final. Na mesma modalidade, tamén remaron os novísimos ADRIAN RIVAS e JONATHAN MICHAEL que non conseguiron chegar á final, pero fixeron unha magnifica eliminatoria, aínda sendo xuvenís de primeiro ano. En Skiff Absoluto Masculino DAVID VAZQUEZ, participo aínda sendo xuvenil e estivo ás portas de clasificarse para a final. En Dobre Scull Absoluto Feminino, as remeiras CARLOTA GONZALEZ e PAULA PRADA xuvenís, conseguirían gañar a súa eliminatoria, e conseguindo o segundo mellor tempo para a final. Coa mala sorte, que un trabada na final relégoas á cuarta posición. Outra tripulación formada por ADRIANA MISAS e MARÍA MAIDANA, non conseguiría meterse na final, a pesar de facer unha extraordinaria regata. Por último o Catro Scull Absoluto Masculino, formado por ADRIAN RIVAS, JONATHAN MICHAEL, SANTIAGO LAGO e PABLO RODRIGUEZ, estivo a un posto de meterse na final nunha impresionante regata. Final del formulario

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.