spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Universidade de Vigo pon en marcha IREI, 'Inspirando ás Rapazas para...

A Universidade de Vigo pon en marcha IREI, ‘Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería’

Nesta mesma liña falaron o resto das relatoras que hoxe puxeron en marcha este programa da Universidade de Vigo que pretende dar visibilidade ás mulleres enxeñeiras con carreiras de prestixio e seleccionar de entre elas mentoras que “prediquen” nos colexios, antes de que as mozas realicen a selección do tipo de bacharelato a cursar, a importancia de que as mulleres non queden descolgadas do mundo tecnolóxico. Para coñecer como se está traballando neste ámbito noutros territorios, convidouse a Oihane Zarate para falar da iniciativa Inspira STEAM da Universidade de Deusto que está a ter grandes éxitos neste campo.A Universidade de Vigo pon en marcha o programa IREI, ‘Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería’ co obxetivo de incrementar o número de alumnas nas titulacións de enxeñaría

Atraer ás mozas para que estuden carreiras técnicas é o obxectivo do programa “Inspirando ás rapazas para estudar enxeñería” que hoxe realizou o seu primeiro taller no Consorcio da Zona Franca. A xornada que abriu Teresa Pedrosa,  contou coa presenza de Carmela Silva, presidenta da Deputación Pontevedra; de  Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; da comisionada para o campus Vigo Tecnolóxico, Edita de Lorenzo e de Dores González, vicerreitora de Estudantes da UVigo, quen conduciu o acto.

A brecha de xénero que existe nas carreiras técnicas e que non fai senón agrandarse nos últimos anos, afecta por igual a todas as titulacións do ámbito da enxeñaría que se imparten nos tres campus da Universidade de Vigo. Co obxectivo de reverter unhas cifras que sitúan a presenza de alumnado feminino de novo ingreso este curso nos sete centros nos que se imparten titulacións de enxeñaría nun 19,7% e unificar as accións que as escolas están a realizar illadamente para captar alumnas, a Universidade de Vigo pon en marcha IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería. A iniciativa da Universidade de Vigo, que segue os pasos de Inspira Steam, implantada hai dous anos na Universidad de Deusto, foi presentada hoxe nunha xornada de traballo, na que tomaron parte representantes dos ámbitos académico, empresarial e social dos que se prevé sairán as mulleres tecnólogas que, unha vez formadas, achegarán as súas experiencias ao alumnado galego co obxectivo de fomentar a incorporación feminina ás titulacións técnicas.

Nas súas palabras de apertura, Pedrosa puxo de manifesto que tan só una de cada catro persoas que se matriculan nas carreiras técnicas é muller, e isto sucede cando as mulleres representan un total do 54 por cento do alumnado universitario. Abundando no tema da brecha de xénero, Pedrosa indicou que este se xesta na primeira infancia cando os nenos danlles para xogar mecanos e ás nenas, bonecas. O problema desta diferenciación profesional é aínda máis grave se se ten en conta que un importante número dos postos de traballo que se van a crear no futuro requirirán de coñecementos en enxeñería polo que, se as mulleres son minoría nestas disciplinas, terán serias dificultades para incorporarse ao mercado de traballo do futuro en pé de igualdade, dixo Pedrosa.

A secretaria xeral de Igualdade agravou o estado da cuestión xa que informou de que en Galicia e nalgunhas carreiras técnicas, a matrícula de mulleres non chega nin ao 12 por cento “polo que é importantísimo –sinalou- falar de mulleres como a viguesa Begoña Vila Costas, unha astrofísica especializada no estudo de galaxias espirais que actualmente traballa como enxeñeira de sistemas da NASA e doutras tantas mulleres de éxito das que pouco ou moi pouco sabemos”. A presidenta da Deputación puxo o acento en transformar a linguaxe que utilizamos para dar visibilidade ás mulleres xa que “o que non se nomea, non existe” e en educar en igualdade desde a primeira infancia.

Nesta mesma liña falaron o resto das relatoras que hoxe puxeron en marcha este programa da Universidade de Vigo que pretende dar visibilidade ás mulleres enxeñeiras con carreiras de prestixio e seleccionar de entre elas mentoras que “prediquen” nos colexios, antes de que as mozas realicen a selección do tipo de bacharelato a cursar, a importancia de que as mulleres non queden descolgadas do mundo tecnolóxico. Para coñecer como se está traballando neste ámbito noutros territorios, convidouse a Oihane Zarate para falar da iniciativa Inspira STEAM da Universidade de Deusto que está a ter grandes éxitos neste campo.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.