spot_img
InicioPontevedra e ÁreaGrandes veleiros participan este fin de semana na "Regata 525 Aniversario Arribada...

Grandes veleiros participan este fin de semana na “Regata 525 Aniversario Arribada Carabela Pinta”

grandes-veleiros-participan-este-fin-de-semana-na-regata-525-aniversario-arribada-carabela-pintaO vindeiro fin de semana, a vila mariñeira de Baiona acollerá a “Regata 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta” na que participarán en exclusiva, barcos da clase 6 m, tanto clásicos (construídos antes dos anos 50) como modernos (construídos a partir dos anos 70) e a primeira  proba en competición do novo Bribón, un veleiro único entre os da súa clase (6 m Internacional) e o primeiro deste tipo que se constrúe nos últimos 15 anos.

Tras finalizar a súa construción o ano pasado nos estaleiros Garrido e ser recentemente remodelado nos estaleiros Rodman, o veleiro no que navega o Rey Juan Carlos, será un dos que participen na Regata 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta, que o Monte Real Club de Yates e o Concello de Baiona organizan para conmemorar a efeméride.

As probas, nas que participarán en exclusiva barcos da clase 6 m, tanto na súa versión clásica como moderna, celebraranse no interior da baía de Baiona, moi preto da costa, co obxectivo de que todo aquel que o desexe poida gozar coa beleza da navegación destes veleiros.

Na presentación oficial do evento, celebrada esta mañá no Monte Real Club de Yates, o vicepresidente do club, Alejandro Retolaza, mostrouse “moi orgulloso de que Baiona fose o lugar elixido para a primeira competición oficial do novo Bribón, e que se faga, ademais, nunha regata tan sinalada –dixo- coa que se conmemora unha das efemérides máis importantes da vila mariñeira”. O presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, incidiu na estreita colaboración que o club mantén, desde hai anos, co concello de Baiona, co obxectivo de “facer da nosa vila un lugar único que visitar, onde vivir, onde navegar e gozar coa vela”. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, botou a vista atrás e lembrou a Regata do Descubrimento que o Monte Real organizou no ano 72 e o desafío que presentou anos despois á Copa América para destacar as relacións de Baiona co continente americano e falar da prolífica historia do club na organización de regatas, algo que, segundo asegurou “garante que o evento deste fin de semana será todo un éxito”.

grandes-veleiros-participan-este-fin-de-semana-na-regata-525-aniversario-arribada-carabela-pinta
Foto: Alejandro Retolaza, Daniel Martín, Chelo Besada, José Luis Álvarez, Ángel Rodal, Daniel Benavides, María Iglesias y Enrique Costas

Na rolda de prensa celebrada esta mañá no Monte Real Club de Yates tamén interviñeron a deputada delegada de deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada e o xefe provincial do servizo de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides. Estiveron tamén presentes a concelleira de cultura en Baiona, María Iglesias; e o director de Bodegas Terras Gauda, Enrique Costas, e o director-xerente de PSA Retail Vigo, Daniel Martín, comocolaboradores do evento

A clase 6 m en auxe desde Galicia para o mundo

Os 6 m tiveron a súa idade de ouro nos anos 20 e 30, cando lideraban as regatas internacionais, e chegaron mesmo a competir nos Xogos Olímpicos de París (1924) e, posteriormente, en Helsinski (1952).

En España houbo unha importante frota, sobre todo no Cantábrico e no Mediterráneo, que alcanzou certo renome en Europa, pero nos anos 50 e 60, coa chegada de clases máis lixeiras e de construción menos custosa, deixaron de ser tan atractivos, e non volveron recuperar a súa popularidade ata os anos 80.

Hoxe en día, o impulso da clase é máis que evidente, cun notable crecemento da frota nacional e internacional, e neste panorama, Galicia, e en particular Sanxenxo, foi adquirindo cada vez máis protagonismo. Numerosos armadores e tripulacións confiaron en Pedro Campos e na súa firme aposta pola clase, e elixiron Galicia para manter os seus barcos en portos galegos, arranxalos en empresas galegas e competir nas rías galegas.

 

REGATA 525 ANIVERSARIO ARRIBADA CARABELA PINTA

 

SÁBADO, 12 DE MAIO DE 2018

11:00 – Desayuno de tripulaciones

11:30 – Reunión de patrones

12:30 – Inicio de pruebas (na baía de Baiona)

15:30 – Comida de tripulaciones

 

DOMINGO, 13 DE MAIO DE 2018

11:00 – Desayuno de tripulaciones

11:30 – Reunión de patrones

12:30 – Inicio de pruebas (na baía de Baiona)

15:30 – Comida de tripulaciones

17:00 – Entrega de premios (no Monte Real Club de Yates)

- Publicidade -spot_img