Inicio Val Miñor Baiona Doce anos despois Baiona volve izar a bandeira azul na praia da...

Doce anos despois Baiona volve izar a bandeira azul na praia da Ladeira

doce-anos-despois-baiona-volve-izar-a-bandeira-azul-na-praia-da-ladeira

Baiona é o único Municipio de España que ten a totalidade dos seus areais distinguidos co SICTED, en 2016 volveu a renovar o compromiso.

O municipio de Baiona conseguiu o galardón de bandeira azul para o seu maior areal, o da Ladeira. Doce anos despois a praia recupera o galardón e as análises reflicten que a calidade da súa auga é excelente. Por este motivo o areal foi o elixido para acoller o izado de bandeiras azuis oficial co que se lle dá o pistoletazo de saída ao verán na vila mariñeira. O alcalde,Ángel Rodal, a concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, e o concelleiro de Accesibilidade, Policarpo Vilar, foron os encargados de izar o ansiado recoñecemento. Ademais de en A Ladeira, volve ondear o distintivo en Frades e Barbeira.

A insignia outorgada pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) obriga a que as praias cumpran unha serie de requisitos aos que se adaptan os areais baioneses. Entre estes aspectos figura a existencia de paneis informativos con educación ambiental, o cumprimento dos estándares da calidade das augas, limpeza e mantemento dos servizos da praia, prohibición de animais domésticos durante a época estival, existencia de socorristas titulados e equipo de primeiros auxilios, accesibilidade, etc.

A Ladeira distínguese entre o resto dos areais Baioneses porque forma parte da Rede Natura 2000,

A Ladeira distínguese entre o resto dos areais Baioneses porque forma parte da Rede Natura 2000, sendo un patrimonio natural importantísimo para nuesto municipio, concienciándonos de coidar e respectar o sistema dunar, o Lic (lugar de interese comunitario), entre outros valores ambientais.

Pero non só os areais son candidatos a obter bandeiras azuis, tamén os carreiros. Os seis quilómetros de percorrido entre a praia da Concheira e o espazo natural da Foz do Miñor, sendo o primeiro en conseguilo en España, foron seleccionados pola flora e fauna existentes no traxecto, o esforzo do Concello por coidar as especies autóctonas e eliminar as invasoras, así como os servizos ao longo do percorrido como colectores e papeleiras, auga potable, botiquín, establecementos de hostalería, miradoiros ou áreas de descanso accesibles para persoas con dificultades de mobilidade.

A sinalización a través de cartelería con indicacións como a lonxitude, dificultade de cada tramo, mapas, recomendacións ou suxestións en máis dun idioma e a descrición de elementos de interese histórico, monumental, cultural ou etnográfico son valores engadidos ao encanto da zona.

Doutra banda a vila foi pioneira en posuír as praias libres de fume e o seu modelo exportouse a toda a comunidade autónoma galega.

Tamén hai que destacar que Baiona é o Concello de España que conta con máis praias equipadas e adaptadas ás persoas con mobilidade reducida. A Vila conta con catro dos seus areais entre os 30 mellor adaptados de toda España. Baiona ten un total de 3.860 metros linéales de praias, dos cales 3.420 son totalmente accesibles para as persoas discapacitadas: Ladeira 3.000m, Santa Marta 250m e Ribeira 170m. Ademais Baiona é o único Municipio de España que ten a totalidade dos seus areais distinguidos co SICTED cuxo compromiso volveu a renovar este ano.

Tamén hai que lembrar que Baiona ostenta o ‘Quality Coast Gold Award’, premio internacional que distingue a calidade ambiental costeira para un turismo sustentable, concedido no ano 2013 entre máis de 1.000 candidatos.

A totalidade de praias de Baiona, conseguiu superar novamente o comité de distinción, co cal seguirán lucindo o distintivo Sicted.
www.calidadendestino.es

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies