Inicio Val Miñor Nigrán Deputación e Concello de Nigrán asinan convenio para impulsar o Sendeiro Azul...

Deputación e Concello de Nigrán asinan convenio para impulsar o Sendeiro Azul de Praia América-Panxón

Fonte de Praia América - Revista COUSAS DE

Carmela Silva e Juan González Pérez asinaron hoxe o acordo que porá en valor a Fonte de Praia América e instalará mobiliario ao longo do sendeiro

A Presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Nigrán, asinaron esta mañá no Pazo provincial un convenio de colaboración para a realización de actuacións de mellora no sendeiro azul do Litoral Ecosistema Dunar Praia América-Panxón. Cun orzamento de 16.666,66 €, a institución provincial achegará o 80% do investimento total, 13.333 €, mentres que á corporación municipal lle corresponde o 20% restante, o que se traduce en 3.333,33 €.

O alcalde de Nigrán salientou que, grazas á sinatura deste convenio, non só “se nos vai axudar a manter mellor este espazo” senón que tamén servirá para “dalo a coñecer, a darlle máis publicidade” e ofrecer, á fin e ao cabo, “unha imaxe mellor do que é o noso concello”, asegurou. Sobre o sendeiro azul, asegurou que “se ben non se trata dun espazo degradado, si que non está o suficientemente coidado”, razón pola que se amosou satisfeito pola posta en marcha deste proxecto da institución provincial, que vai permitir “pór en valor unha fonte de principios de século e as chamadas ‘casetas de Ramiro’” ou “recuperar o espazo público situado preto de Monte Lourido”, salientou o alcalde.

A Presidenta lembrou, que este convenio ten por obxectivo “pór en valor a natureza, a historia, a cultura e a etnografía do patrimonio litoral da nosa provincia, que é sen dúbida moi rico e diverso e, polo tanto, algo que coidar e protexer”.

comillasPontevedra, que conta este ano con 11 sendeiros azuis, é a provincia española con maior número de distintivos nesta categoría.

Unha vez máis, a provincia de Pontevedra está á vangarda en canto á excelencia de recursos turísticos. Pontevedra, que conta este ano con 11 sendeiros azuis, é a provincia española con maior número de distintivos nesta categoría. Por este motivo, está en marcha un programa de posta en valor e acondicionamento destes sendeiros azuis, cunha dotación de 183.333,26 €, dos que a Deputación aporta o 80% e os municipios o restante 20%. Nigrán é o segundo concello en asinar o presente convenio, despois de que Ponte Caldelas fixera o mesmo no mes de xuño.

Os outros sendeiros azuis da provincia son o Roteiro de Donón (en Cangas), Camiño a Beiramar, Senda entre faros e Senda litoral e do Monte da Guía (en Vigo), o Cabo Udra (na vila de Bueu), a Senda Bao-Xestelas (A Illa de Arousa), a Senda litoral da Guarda (na Guarda), o Sendeiro da Calzada (en Ponte Caldelas), o Sendeiro litoral de Baiona (na vila de Baiona) e, por último, o Sendeiro Azul Ruta das Praias (en Marín).

Os sendeiros azuis son rutas que enlazan praias ou portos con bandeira azul con elementos naturais do seu contorno, contribuíndo así á posta en valor dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos da provincia. O sendeiro azul de Nigrán, une as praias de Panxón e a da Ramallosa.e que acadou este título en 2013, localízase nunha enseada orientada cara ao oeste entre Monte Ferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muíños, dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América. Este sistema tivo que ser restaurado tras ser practicamente derrubado hai varias décadas por mor dunha excesiva urbanización.

Lembramos tamén que o sendeiro azul de Nigrán forma parte, ademais, do programa “Depo Andainas” da Deputación, actividade gratuíta que nace despois de realizar unha serie de melloras sobre o anterior “Sendeiros Rías Baixas”, e que ten por obxectivos poñer en valor o territorio da provincia e impulsar a preservación do medio ambiente.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies