spot_img
InicioPontevedra e ÁreaÁgueda Cons e Paula Goyanes, convocadas pola Selección Española para competir no...

Águeda Cons e Paula Goyanes, convocadas pola Selección Española para competir no Campionato de Europa de Augas Abertas Junior

Ás dúas subcampioas pontevedresas do XIX Campionato de España de Augas Abertas, acompañadas polo deportista paralímpico Chano Rodríguez, foron recibidas no Pazo provincial de Pontevedra pola Presidenta da Deputación

Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu no Pazo provincial á directiva e ás nadadoras do Club Natación Galaico que acadaron a posición de subcampioas no XIX Campionato de España de Augas Abertas Open, Águeda Cons (subcampioa en 7,5 quilómetros Junior) e Paula Goyanes (subcampioa en 10 quilómetros Junior-2 e Absoluto).

As subcampioas estiveron acompañadas polo deportista paralímpico Chano Rodríguez, que este ano volverá participar nos Xogos que se celebrarán en Río de Xaneiro. O club acadou nesta mesma cita, ademais, a medalla de bronce en categoría feminina.

A Presidenta provincial quixo resaltar “o enorme orgullo que supón para a provincia de Pontevedra” o mérito acadado polas dúas deportistas do Galaico. Á vez, tamén quixo pór en valor o papel das mulleres dentro do deporte, algo que “esta institución provincial debe impulsar porque, mala ser unha mágoa, as mulleres no deporte seguen a xogar en desvantaxe”.

 

- Publicidade -spot_img