Inicio Val Miñor Nigrán Dezasete novas empresas avanzan subidas ao foguete de VíaGalicia

Dezasete novas empresas avanzan subidas ao foguete de VíaGalicia

dezasete-novas-empresas-avanzan-subidas-ao-foguete-de-viagalicia

A delegada Teresa Pedrosa e maila directora da Axencia Galega de Innovacion, Patricia Argerey, visitaron no Centro de Negocios da Zona Franca (parque empresarial Porto do Molle. Nigran, as empresas que están sendo apoiadas no programa ViaGalicia

Os quince proxectos de empresa xeneralistas máis os dous específicos do sector aeroespacial que están a realizar a fase de Aceleradora na presente edición de ViaGalicia explicaron esta mañá á Delegada, Teresa Pedrosa, e á directora de Gain, Patricia Argerey, como están a evolucionar as súas incipientes empresas e de que maneira está a axudarlles a iso o ser seleccionados polo programa de ViaGalicia.

Pedrosa e a directora de Gain comentaron con eles éxitos e dificultades para saír ao mercado.

Na súa exposición, a maioría dos responsables dos equipos xestores coincidiron en que aínda que puíron moitísimo a súa idea inicial de negocio, e avanzado enormemente no camiño de empresarial grazas ás titorías recibidas, nestes momentos teñen que traballar máis os plans de márketing para mellorar as súas vendas e planificar mellor as súas alianzas para planificar a saída ao mercado.

Refacer a páxina web, redeseñar o logo-marca ou mellorar o proceso de vendas foron aspectos que se trataron ao longo da mañá con total sinceridade polos emprendedores que transmitiron a Teresa Pedrosa que á súa estupenda idea de negocio ‘subida a este foguete de ViaGalicia’ agora había que sumarlle a necesidade de buscar axuda de profesionais nestes campos para converterse en empresas que entren con forza no mercado.

dezasete-novas-empresas-avanzan-subidas-ao-foguete-de-viagalicia

Pero tamén se compartiron con todo o grupo “pequenos éxitos” como o feito de ser seleccionados por grandes firmas do sector, o asinar alianzas con outros fabricantes nacionais e estranxeiros ou o atopar materiais e tecnoloxías que achegan valor a produtos tradicionais.

As empresas aeroespaciais, pola súa banda, comentaron coa Delegada que o estar aloxados fisicamente no edificio Aeroespacial de Porto do Molle é xa para eles unha enorme vantaxe xa que alí relaciónanse día a día cos mellores do sector, coas persoas que traballan na Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) e cos investigadores da UVigo.

Proyectos acelerados 4ª edición ViaGalicia

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies