Inicio Baixo Miño 800 alumnos dos centros escolares tudenses participaran na VIII edición de 'Tui...

800 alumnos dos centros escolares tudenses participaran na VIII edición de ‘Tui Le’

xornada-de-tea-e-odontoloxia-en-tui

Actuacións musicais e teatrais, intercambio de libros, photocall e unha exposición de carteis sobre Carlos Casares realizada polos escolares

Por oitavo ano consecutivo celébrase Tui Le, unha iniciativa das bibliotecas escolares tudenses e do Concello de Tui. Celebrarase no Teatro Municipal e na Sala de Exposicións da Área Panorámica de 9.15h a 13.15h con protagonismo especial para Carlos Casares, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Participaran 800 alumnos e profesores dos CEIP’s  nº 1, nº2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA “Mestra Clara Torres” e dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, así coma o alumnado do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor.

Ao longo da mañá sucederanse as actuacións dos distintos centros coa adaptación musical do Hallelujah de Leonard Cohen, baile e cancións, fotonovela sobre o xogo da guerra, Kamishibai e dramatizacións sobre a Galiña Azul, poesía visual, rap sobre un poema de Rosalía, recitación de poesías de varios autores e orixinais do alumnado, representación e dramatización de contos infantís e de creación propia, representación teatral das As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares, vídeo de animación á lectura…  Cada centro actuará durante cinco minutos, e haberá tres quendas de actuacións dunha hora cada unha ás 9.15h, 11.15h e 13.15h.

Amais, coma xa se levou a cabo en anos anteriores, haberá un intercambio de libros de tal xeito que cada alumnos que aporte un libro poderá levar outro dos que haberá na Área Panorámica. Outra das actividades será un photocall con alusión a esta oitava edición de Tui Le e doutras efemérides literarias coma o centenario do nacemento de Gloria Fuertes ou o Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares.

Precisamente a vida e obra de Carlos Casares será o obxectivo dunha exposición de carteis elaborados polos propios escolares.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies