A Comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis con un total de 26Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.
A rexión galega acapara case un 25% das 579 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor
Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalá (95 bandeiras).
Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2016; e a recuperación da bandeira azul para a praia da A Concheira e A Ribeira, en Baiona; e de Panxón, en Nigrán.
Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Camariñas e Ponteceso volven sumarse á lista de concellos con areais galardoados coa praia de Arou e de Valarés, Ermida e Osme, respectivamente.
Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é o concello máis recoñecido, con catro galardóns para as praias de Peizá, Llás, As Polas e A Pampillosa.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 26 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuis para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos).
Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.
É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis, dun total de 71 en toda España.
O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.
O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por ser quen de manter estes recoñecementos.
A continuación detállase por provincias, concellos e areais con bandeira azul:
Concello | Praia |
Boiro | Barraña |
Carragueiros | |
Retorta | |
Barraña-Saltiño | |
Ladeira do Chazo | |
Piñeirón | |
Muros | San Francisco |
Dumbría | Ézaro |
Fisterra | Langosteira (Zona norte) |
Camariñas | Arou |
Laxe | Laxe |
Ponteceso | Valarés |
Ermida | |
Osmo | |
Carballo | Saíñas- Pedra do Sal |
A Laracha | Caión |
Arteixo | O Reiro |
Barrañán | |
Combouzas | |
Valcovo | |
Hucha | |
A Salsa | |
Alba- Sabón | |
A Coruña | Riazor |
Orzán- Matadero | |
San Amaro | |
As Lapas | |
Oleiros | Bastiagueiro |
Mera | |
Espiñeiro | |
Santa Cristina | |
Naval | |
Miño | Perbes- Andahío |
A Ribeira | |
Ferrol | Doniños |
San Xurxo | |
Esmelle | |
A Fragata | |
Valdoviño | Meirás- O Río |
Frouxeira | |
Valeo | |
Pantín | |
Villarube | |
Ortigueira | Morouzos |
Mañón | Bares |
Esteiro | |
TOTAIS: 17 | 47 |
Concello | Praia |
O Vicedo | Abrela |
Xilloi | |
Viveiro | Area |
Xove | Esteiro |
Cervo | O Torno |
Burela | A Marosa |
Ril | |
Foz | Peizás |
Llás | |
As Polas | |
A Pampillosa | |
Ribadeo | Os Castros- Illas |
As Catedrais | |
TOTAL: 7 | 13 |
Concello | Praia |
A Guarda | O Muíño |
Area Grande | |
Baiona | Os Frades |
A Barbeira | |
A Concheira | |
A Ribeira | |
Nigrán | Praia Ameria |
Panxón | |
Patos | |
Vigo | O Vao |
Argazada | |
Rodas- Illas Cíes | |
Figueiras- Illas Cíes | |
A Punta | |
Tombo do Gato | |
Fortiñón | |
Canido | |
Fontaíña | |
Redondela | De Cesantes (dereita) |
Moaña | Praia do Con |
Cangas do Morrazo | Areabrava |
Nerga | |
Menduíña | |
Melide | |
Areamilla | |
Liméns | |
Rodeira | |
Bueu | Area de Bon |
Portomaior | |
Lagos | |
Lapamán | |
Marín | Aguete |
Mogor | |
Portocelo | |
O Santo- Coviña | |
Poio | Xiorto |
Cabeceira | |
Sanxenxo | A Lanzada- O Espiñeiro |
Canelas | |
Montalvo | |
Silgar | |
Bascuas | |
Major | |
Foxos | |
Areas Gordas | |
Pragueira | |
Baltar | |
Paxariñas | |
Vilagarcía de Arousa | Preguntoiro |
Campanario | |
Illa de Arousa | Area de Secada |
Bao (Camaxe) | |
Ponte Caldelas | Praia fluvial A Calzada |
TOTAL: 14 | 53 |
Provincia | Concello | Sendeiro |
A Coruña | Ortigueira | Borde litoral Ría de Ortigueira |
A Laracha | Sendeiro da praia | |
Arteixo | Senda litoral | |
Boiro | Sendeiro litoral de Boiro | |
Carballo | Senda de Mar: Razo-Baldaio | |
A Coruña | Senda Azul Litoral da Coruña | |
Oleiros | Costa Libre | |
Total | 7 | |
Lugo | Burela | Sendeiro azul Ruta litoral burelés |
O Vicedo | Sendeiro azul Praia Abrela- Punta do Castro | |
Ribadeo | Ruta do faro de Illa Pancha e As Aceas | |
Cervo | Sendeiro azul do Torno | |
Total | 4 | |
Pontevedra | Cangas do Morrazo | Roteiro de Donón |
Vigo | Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar | |
Senda entre faros, Islas Cíes-Vigo | ||
Senda litoral e do Monte da Guía | ||
Bueu | Ruta de sendeirismo Cabo Udra | |
Illa de Arousa | Senda perimentral Bao-Xastelas | |
A Guarda | Senda litoral da Guarda | |
Nigrán | Sendeiro litoral Praia América-Panxón | |
Baiona | Sendeiro litoral de Baiona | |
Marín | Sendeiro azul Ruta das Praias | |
Ponte Caldelas | Sendeiro azul do río Verdugo | |
Sanxenxo | Sendeiro máxico da Lanzada | |
Sendeiro litoral Montalvo-Major | ||
Sendeiro litoral Canelas- Punta Cabicastro | ||
Sendeiro litoral Porto Novo | ||
Total | 15 | |



