Inicio Baixo Miño 'Desde a miña ventá', un xogo nas redes socias coas fotografías como...

‘Desde a miña ventá’, un xogo nas redes socias coas fotografías como protagonistas

O Concello do Rosal pon en marcha ‘Desde a miña ventá’, un xogo nas redes sociais no que as fotografías serán as protagonistas O Concello do Rosal pon en marcha ‘Desde a miña ventá’, un xogo nas redes sociais no que as fotografías serán as protagonistas 

Dende o Concello do Rosal queremos propoñer novas ideas coas que facer os días de confinamento máis levadíos. Por este motivo ponse en marcha o xogo ‘Desde a miña ventá’, un xogo co que se busca implicar a toda a veciñanza e, a través de fotografías, levar uns intres de diversión a todas as casas. Todas as persoas do Rosal que queiran participar terán que facer unha fotografía amosando o que se ve dende a súa fiestra e enviala por correo electrónico a euquedonacasa@concellodorosal.gal poñendo nome e apelidos, teléfono e localización. Cada día o Concello colgará no seu perfil de Facebook unha das imaxes recibidas para que, mediante os comentarios, entre todos os veciños e veciñas adiviñen onde pode estar situada esa ventá.

Anímase aos veciños e veciñas a enviar fotos sacadas dende as súas fiestras para colgar nas redes sociais do Concello e adiviñar entre todas e todos de onde é a imaxe

Para poder participar, todas as fotografías deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos. Así, en cada imaxe debe aparecer unha paisaxe do Rosal e as marxes da ventá ou o marco da fiestra dende a que se fai. Non se aceptarán imaxes nas que saian persoas en primeiro plano, soamente paisaxes exteriores, nunca do interior da vivenda. E, para que sexa máis divertido, deberán ser zonas recoñecibles pero sen ser evidentes: as fotos poden dar pistas, pero nunca ser demasiado explícitas para poder xogar entre todas e todos un bo rato! O envío da fotografía suporá a aceptación e cesión de dereitos da mesma para a utilización no xogo por parte do Concello do Rosal, que se reserva a propiedade sobre futuros usos (arquivo, exposicións…).

A segunda parte do xogo terá lugar nas redes sociais. As persoas que queiran participar poden deixar o seu comentario na publicación tentando adiviñar o barrio ou a zona onde está tomada a fotografía, pero non se poderá dicir nunca o nome da persoa propietaria da vivenda nin se consentirán comentarios ofensivos ou de mal gusto.

Todas e todos a xogar!

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies