Inicio Baixo Miño A Guarda 'Participa compartindo', unha iniciativa do Concello da Guarda para estes días de...

‘Participa compartindo’, unha iniciativa do Concello da Guarda para estes días de confinamento

'Participa compartindo', unha iniciativa do Concello da Guarda para estes días de confinamentoO Concello da Guarda convida a todos os veciños e veciñas a tomar parte da iniciativa “Participa compartindo”

O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que podades compartir as vosas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir.

  • CREACIÓN DE CURTAMETRAXES

Grava e comparte nas túas redes sociais a túa propia curtametraxe de temática libre. Os únicos requisitos para a súa elaboración serán que dure como máximo 3 minutos e que a graves dentro do recinto da túa casa.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #NaCasaEstamosDeCine

*As 10 curtametraxes de maior calidade serán proxectadas nun acto no Centro Cultural cando todo isto remate

  • FOTOGRAFÍA

Fotografía aquilo que máis te guste da túa casa: o que miras desde a túa ventá, algún recuncho especial para ti, ás túas mascotas, etc.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #MiñaCasiñaMeuLar

  • O/A ARTISTA QUE LEVAS DENTRO

Grava un vídeo ou audio no que mostres as túas habilidades artísticas bailando, tocando un instrumento, facendo un monólogo, contando un chiste, cantando, etc.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ArtistaQueLevasDentro

  • CÓNTAME UN CONTO

Grava un vídeo ou audio contando o que che apeteza: unha historia antiga da Guarda, un conto ou simplemente comparte o que estás a vivir neste momento.

Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ContameUnConto

*Poderedes seguir compartindo as vosas creacións ata a finalización do Estado de Alarma

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies