spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán promove o comercio de proximidade como alternativa segura...

O Concello de Nigrán promove o comercio de proximidade como alternativa segura de compra e garantir a súa supervivencia futura

O Concello de Nigrán promove o comercio de proximidade como alternativa segura de compra e garantir a súa supervivencia futuraO Concello de Nigrán promove o comercio de proximidade entre a veciñanza como alternativa segura de compra e, paralelamente, garantir entre todos a súa supervivencia futura.

Así, lanzan unha campaña na que revindican as tendas de barrio “agora máis que nunca porque cando todo isto pase, eles poderán seguir mantendo con vida as nosas rúas”.

Consecuentemente, o Concello de Nigrán elaborou una cartelería específica que distribuirá en redes e nos propios locais e na que se recopila parroquia a parroquia as preto de 40 opcións de proximidade que teñen os veciños para realizar as súas compras de alimentos: pequenas tendas, froiterías, panaderías, carnicerías, peixarías… Moitas delas incluso ofrecen a posibilidade de entrega a domicilio.

“Cada un de nos ten a posibilidade de axudar ao pequeno comercio, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por eles agora. Son unha opción segura, próxima ao noso domicilio, están abastecidos e non se forman aglomeracións e, sobre todo, son os nosos veciños e nos recibirán cun sorriso”, sinala o alcalde, Juan González, quen garante que todo o subministro de alimentos que está a realizar o Concello procede destas tendas.

“Porque xuntos venceremos esta crise. Porque somos veciños. Porque cando todo isto pase seguiremos mantendo con vida as rúas. Porque axudas as persoas emprendedoras a manter a boia os seus negocios. Porque a riqueza se queda no pobo. Porque aínda que agora o tape a mascarilla sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas… :)”. Estes son algúns dos motivos que o Concello ofrece nesta campaña para mercar no comercio de proximidade.

 

- Publicidade -spot_img