spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra lanza a campaña 'Viaxa mañá' en apoio ao...

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña ‘Viaxa mañá’ en apoio ao sector turístico

Preto de 50 voluntarios recollerán información sobre os usos do medio mariño e as aves mergulladoras das Illas Atlánticas
Praia das illas cies dende o miradoiro

Trátase dunha ambiciosa aposta nacional e internacional na que se apela a aprazar a viaxe ás Rías Baixas onde agardan infinidade de recursos “dos que estamos coidando para que poidan desfrutar mañá,  xunto a un sector unido que está a facer un grande esforzo para dar resposta a este reto”

O goberno de Carmela Silva vén de lanzar hoxe unha ambiciosa campaña nacional e internacional “Viaxa mañá”, un audiovisual que pon en valor os recursos da provincia de Pontevedra e o esforzo que está a facer o sector turístico ante a pandemia e que, nestes momentos de confinamento nos que todas e todos temos que quedarnos na casa, en Pontevedra Provincia “tanto o sector privado como as administracións estamos a traballar para que poidan vir mañá e se atopen con todo o que esperan”.

Trátase dunha aposta “emocional e desde a necesidade dos afectos”, que se fai  a través dun audiovisual que recolle, en liña cos argumentos da Organización Mundial do Turismo, o chamamento á solidariedade e responsabilidade das persoas para que apracen á desexada viaxe ás Rías Baixas, onde agardan numerosos recursos turísticos “dos que estamos a coidar”,  xunto a un sector turístico unido “que está a facer un grande esforzo para dar resposta a este reto”, tal e como se detalla na peza de vídeo.

O audiovisual, en galego, castelán e inglés, percorre espazos turísticos da provincia de Pontevedra baixo os parámetros de sustentabilidade, natureza, cultura, os valores da Axenda 2030 e a calidade, poñendo en valor o sector, o seu compromiso, sacrificio e  esforzo que está facendo para afrontar esta situación e estar preparados para cando a crise sanitaria remate.  Deste xeito, a peza presenta diferentes recursos dunha provincia de Pontevedra que “te espera”, e cun sector turístico que está a traballar para que “poidas volver o antes posible. Ímolo celebrar como nunca, porque estamos máis unidas e unidos que nunca pese á distancia”.

Ademais desta campaña, a Deputación de Pontevedra ten en marcha numerosas iniciativas para continuar impulsando a calidade do destino e dinamizando o sector turístico.

Así, en canto á calidade, estase a impulsar un plan de formación online do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) no que, en poucas horas dende a apertura do prazo de inscrición, xa están anotadas máis dun centenar de empresas que están a participar este ano no Plan de Calidade da institución provincial.

No que respecta á dinamización do sector están en marcha dúas accións a través de redes sociais e das webs www.depo.gal e www.turismoriasbiaxas.gal. que están a encontrar unha enorme receptividade por parte da cidadanía.

O mellor exemplo está a ser #21Days21Destinations que difunde e comparte os recursos turísticos da provincia cun grande impacto. Así, están a participar nesta acción numerosos bloggers. Nas redes, nas primeiras 48 horas da campaña, alcanzáronse preto de 470.000 persoas, cun impacto potencial de 1,7 millóns, 3.800 impresións e 325 retuits.

- Publicidade -spot_img