Inicio Baixo Miño A Guarda A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da...

A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda 

A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda As xestión feitas entre alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitan que, o venres 3 de abril, integrantes da Brilat se trasladaran Á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Santa Tecla.

Esta operación forma parte da Campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.

Dende o concello da Guarda e a dirección co centro de maiores agradecen o traballo realizado, que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración.

Asi mesmo a direccción do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai caos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.

Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies