A principios do pasado mes integrantes da asociación Xuliva da Guarda, daban a coñecer ao Concello do Rosal o descubrimento dun novo gravado rupestre na parroquia de San Xoán Tabagón, no lugar de Cova do Sobreiro, nun outeiro con vistas a desembocadura do Miño, dentro dos límites da Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón e moi preto do vial
O petróglifo, o cal estaba totalmente soterrado, conta con duas espirales, varias coviñas, unha grande cazoleta ou cova ligada a un surco dunha profundidade considerable e outra figura xeométrica sen definir.
Están tallados sobre sixto, algo non mui habitual na zona. E encóntrase relativamente preto do petróglifo do Ghorghalado, descuberto non hai muitos anos. Este tipo de grabados datanse ao redor dos 3.000 anos de antigüidade.
A concellaria de cultura e patrimonio do Concello do Rosal procederá a realizar a súa catalogación.
Se queres visitalo podes atopalo a través das seguintes coordenadas: 41º55’59.8”N , 8º47’57.2”W