Inicio Pontevedra Baixo Miño “Deporte para todos” o programa transfronterizo que promove a integración dos maiores...

“Deporte para todos” o programa transfronterizo que promove a integración dos maiores de 55 anos

olimpiadas-deporte-para-todos-tomiño-cerveira

Unhas 30 persoas de ambos os municipios participan no programa ao longo do ano

No marco do programa transfronteirizo “Deporte para todos”, levado a cabo polos municipios de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, para persoas maiores de 55 anos, celebrouse onte unha competición, na que tamén participaron equipos das localidades lusas de Melgaço, Caminha e Viana do Castelo, xunto ao de Tomiño/Cerveira, sumando entre todos preto dun centenar de deportistas.

 Cada equipo aportou de 15 a 30 participantes, que se repartiron nas distintas probas (Fútbol 5, Baloncesto 3, Natación 50m, Atletismo 1500m e 60m, e xogos tradicionais (corda, petanca, malla).

Ademais de acudir ás competicións rexionais, os trinta participantes dos concellos de Cerveira e Tomiño, adestran ao longo de todo o ano, a razón de 2 veces por semana  (unha en Vilanova e outra en Tomiño), realizando actividades físicas funcionais e tamén deportes colectivos e individuais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies