spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCaminha e A Guarda seguen traballando para declarar o Esteiro do Miño...

Caminha e A Guarda seguen traballando para declarar o Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade

mais-de-120-caminantes-de-a-guarda-e-caminha-faran-xuntos-a-primeira-etapa-do-camino-portugues
Vista de A Guarda desde a praia de Caminha

Este mércores celebrouse no Concello da Guarda unha reunión de traballo para perfilar o expediente que a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda, con Luis Miguel Alves, presidente do municipio portugués e Antonio Lomba, alcalde da Guarda, en representación dos seus concellos, presentarán para que o Esteiro do Miño entre na lista indicativa como Paisaxe Cultural da UNESCO.

Os alcaldes revisaron a proposta realizada polos redactores do expediente César Abella, da empresa Trivium, e Jordi Tresserras, presidente de IBERTUR (Red de Patrimonio, Turismo y Desarrollo Sostenible) e consultor da UNESCO.

caminha-e-a-guarda-seguen-traballando-para-declarar-o-esteiro-do-mino-como-patrimonio-da-humanidade

Nesta xuntanza os alcaldes tiveron a oportunidade de enriquecer a proposta naqueles aspectos que consideraban máis salientables da relación entre Caminha e A Guarda en canto a paisaxe, patrimonio, natureza e relacións humanas.

Tamén se falou do procedemento que ten que seguir o expediente para chegar a formar parte da lista indicativa. Neste proceso intervirá a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués.

Ó remate da reunión acordaron en facer a presentación definitiva da proposta ante os medios de comunicación antes de febreiro de 2017, momento no que aproveitarán para presentar o vídeo promocional desta iniciativa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.