Inicio Baixo Miño Tui convértese esta fin de semana na sede da 86ª Edición do...

Tui convértese esta fin de semana na sede da 86ª Edición do Concurso Permanente de Novos Intérpretes de Xuventudes Musicáis de España

Asistiron o Presidente de Juventudes Musicales de España, Jordi Roch, a presidenta de Xuventudes Musicais de Tui, Andrea González, xunto ao presidente e membros do xurado, Carlos Cruz de Catsro, José Adolfo Vayá, Ignacio Prego, Katia Michel, Nekene Iturrioz, Miquel Cuenca e Daniel Pereira.

Hoxe tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Tui a presentación da edición número 86 do Concurso Permanente de Novos Interpretes organizado polas Juventudes Musicales de España

Antes do acto, os organizadores e os integrantes do xurado foron recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González e a presidenta das Mocidades Musicais de Tui, Andrea González.

Posteriormente e xa no Salón de Plenos, a Presidenta de Xuventudes Musicais de Tui, Andrea González e o presidente das Mocidades de España, Jordi Roch. foros os encargados de presentar ante participantes e medios de comunicación las características do Concurso.

Na súa intervención Andrea quixo trasmitirlles tranquilidade, ” podo entender os nervios que estades a pasar” e engadiu “espero que Tui os sirva de inspiración”.

Pola súa banda Jordi Roch sinalou que como en outras profesións “a técnica se aprende” pero “cuando a técnica e o alma atópanse, é cando sorde a diferencia”. Finalmente subliñou que a música é cada vez máis valorada como elemento pedagóxico.

Enrique Cabaleiro, transmitiu o agradecemento do Concello a todos os que fixeron posible que esta Edición se poidese celebrar en Tui, “tras superar non poucos inconvenientes” e de maneira especial a Andrea González. Destacou a importante vinculación de Tui coa música e coa cultura en xeral.

tui-convertese-esta-fin-de-semana-na-sede-da-86a-edicion-do-concurso-permanente-de-xovenes-interpretes-de-xuventudes-musicais-de-espana

Unha trintena de alumnos participarán neste concurso en Tui nas especialidades de piano, clave e organo. As eliminatorias e as finais celebraranse no Teatro Municipal, na Catedral de Tui, e na igrexa de San Telmo, sendo abertas ao público.

Asistiron: Presidente de Juventudes Musicales de España, Jordi Roch, a presidenta de Xuventudes Musicais de Tui, Andrea González, xunto ao presidente e membros do xurado, Carlos Cruz de Catsro, José Adolfo Vayá, Ignacio Prego, Katia Michel, Nekene Iturrioz, Miquel Cuenca e Daniel Pereira.tui-convertese-esta-fin-de-semana-na-sede-da-86a-edicion-do-concurso-permanente-de-xovenes-interpretes-de-xuventudes-musicais-de-espana

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies