Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo "Dende os 18 anos eu sempre quixen escribir" Joaquín González Acuña

“Dende os 18 anos eu sempre quixen escribir” Joaquín González Acuña

Dende os 18 anos eu sempre quixen escribir Joaquín González AcuñaO escritor cangués Joaquín González Acuña presenta as súas últimas obras.

Ao non poder facer a presentación, por culpa do Coronavirus e tal e como estaba previsto, González Acuña presentou onte no Concello de Cangas as súas últimas publicacións, que xa están dispoñibles tamén nas librerías do municipio.

Na súa intervención, González Acuña lembra que as tres obras foron escritas hai moitos anos, xa que empezou moi novo, con 18 anos A primeira delas é Vidas entrelazadas. “Escribina hai 30 anos e narra a historia de moitas vidas”. Tamén destaca que unha das historias “relata xustamente o que está a pasar agora respecto a a pandemia”. A historia conta varias vidas mesturadas que só teñen en común ao protagonista. “Escribina cando vivía en Suíza e nin se me ocorría pensar en que podería darse unha situación idéntica”.

‘Comproume o diñeiro’, é o título da outra novela “está ambientada en Nápoles e conta a historia dunha parella de namorados que discuten por problemas de diñeiro. Cando ela márchase el a busca por América”. E moito máis persoal é a orixe do seu libro infantil titulado Dragón. “Partiu dunha historia que eu lle contaba aos meus fillos para que puidesen durmir e cada día alongábaa un pouco máis. Rescateina da memoria cando o meu neto lembroume aquela anécdota. Empecei entón a pensar en escribila. Narra como un dragón leva aos nenos dunha aldea. Os meus netos son protagonistas e decídense a buscar ao resto de nenos”, explica.

Con estas tres, xa suma seis novelas as que o escritor cangués ten publicadas en España e anticipa que está a traballar nunha nova na que Cangas terá tamén o seu protagonismo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies