Inicio Baixo Miño Catro axentes de Tui condecorados coa Medalla ao Mérito da Policía Local

Catro axentes de Tui condecorados coa Medalla ao Mérito da Policía Local

Catro axentes de Tui condecorados coa Medalla ao Mérito da Policía LocalCatro axentes da Policía Local veñen de ser distinguidos coa Medalla ao Mérito da Policía Local. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde do 9 de novembro de 2020 pola que se determinan estas distincións. A propia xefatura da Policía Local presentou no seu día a solicitude para recoñecer o traballo realizado polos axentes na explosión rexistrada o 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos.

En concreto van recibir a Medalla ao Mérito da Policía Local José Ramírez Pérez, Manuel Arca Caeiro, David González Martínez e a Avelino Martínez Pérez. Na resolución publicada no DOGA indícase que se concede a medalla  “pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía”.

José Ramírez Pérez formou parte da plantilla da Policía Local durante 37 anos sendo o inspector xefe até a súa xubilación o ano pasado. Manuel Arca, actualmente inspector xefe, suma 33 anos de servizo e en 1999 recibía a insignia do concello pola súa intervención na resolución dun secuestro no monte Aloia.  Avelino Martínez leva 31 anos no corpo da Policía Local e David González está a piques de cumprir 17 anos coma axente.

Os catro coincidiron en sinalar aquel 23 de maio coma o día máis duro que viviron na súa carreira profesional coma membros da Policía Local. Poucos minutos despois da explosión Avelino Martínez e David González foron os primeiros en chegar ao lugar co desconcerto inicial de coñecer a orixe do suceso, e atopándose cun escenario dantesco propio dun escenario bélico. José Ramírez lembra que “foi impactante” e coma “o cheiro a pólvora te asfixiaba” e “a tristeza de ver os corpos sen vida” das dúas persoas que faleceron. Manuel Arca recorda coma os entullos o enchían todo. Agora dous anos despois amosan a súa satisfacción por ver recoñecido o seu labor coa máxima distinción que pode ser concedida a un policía local.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies