spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’

Baiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’

Baiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’O Concello de Baiona súmase, por segundo ano consecutivo, ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización “En Negro contra as violencias”, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

O desenvolvemento desta campaña enmárcase dentro da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, unha programación que trae consigo un mes dedicado a actividades contra a violencia á muller non Concello de Baiona.

O concello adheriuse o ano pasado por primeira vez á campaña “En negro contra as violencias”. Así, a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Baiona, contou co respaldo de numerosos establecementos baioneses.

O acto de presentación da campaña tivo lugar esta mañá na praza do concello. Baixo o lema “Baiona En Negro” desde o Concello anímase de novo ao sector do comercio a implicarse nesta edición convertendo a localidade nun gran escaparate que transmita unha mensaxe de rexeitamento da violencia de xénero e solidariedade coas vítimas.

Dada a situación actual derivada da crise sanitaria do COVID-19 este ano “En Negro Contra as Violencias” fundamenta a súa campaña no activismo virtual. A idea é que os participantes utilicen os materiais entregados o ano pasado entre o 19 e o 25 de novembro, aproveitando calquera actividade para sacar unha foto vestidos de negro e para subila ás redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) cos seguintes hashtags: #BaionaEnNegro,#BaionaEnNegro20, #EnNegroContraAsViolencias, #ContraAsViolenciasMachistas, #ContraAsViolencias, etiquetando aos perfís da Concejalía de Igualdade,@IgualdadeBaiona.

Baiona pon en marcha a campaña ‘En negro contra as violencias’

Este ano como novidade repartiranse mascarillas no Mercado da Praza de Abastos de Baiona e na Praza de Sabarís. Todos aqueles establecementos que necesiten nova cartelaría para sumarse á campaña poden recollela no Centro Ángel Bedriñana, sito na rúa Carabela Pinta número 9. O centro está aberto en horario de 08:00 a 22:00 h de luns a venres de forma ininterrumpida.

Outra novidade é que se repartirán marcapáginas para a comunidade educativa que participou no proxecto “Non Cales”. Un proxecto impulsado desde a concellería,  a través do Centro de Información á Muller, no que os centros educativos municipais  tiveron como obxectivo romper o silencio contra a violencia de xénero.

“Desde o Concello queremos animar ao sector do comercio a implicarse nesta conmemoración baixo o lema “Baiona en negro”; vestindo de loito o pobo, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, logrando así un gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos Baiona libre de violencia machista!, sinalou o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

Pola súa banda, a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, comentou que “Todo o que se faga é pouco para a loita contra as violencias machistas. Campañas como a que hoxe presentamos serven para dar visualización e para que as vítimas sintan ese apoio tan necesario. Pero necesitamos máis educación e recursos na loita contra a lacra das violencias machistas”. .

O acto central da programación “Novembro Lila” na que se enmarca esta campaña terá lugar o vindeiro martes, 25 de novembro, ás 12:00 horas, na praza do Concello de Baiona.

Con todo a responsable da Concellería de Igualade anima a todos os veciños e veciñas a unirse a esta campaña con calquera detalle, “por pequeno que sexa”.

- Publicidade -spot_img