Inicio Pontevedra Culturgal chega a súa décimo terceira edición baixo o lema “En caso...

Culturgal chega a súa décimo terceira edición baixo o lema “En caso de emerxencia, cultura”

Culturgal chega a súa décimo terceira edición baixo o lema “En caso de emerxencia, cultura”A Feira das Industrias Culturais chega a súa décimo terceira edición baixo o lema “En caso de emerxencia, cultura” e celebrarase entre o 27 e 29 de novembro

A Deputación de Pontevedra estará no evento coa presentación de “Re-acción Cultural”, o programa “O pasado por Vir”, o libro de Diego Piay “ O castelo de Soutomaior” e a performance de Violencia Zero “Can Cancela Calafrío”

“A cultura é imprescindible, é o elemento máis transformador da sociedade e é indispensable poñela en valor”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe na presentación da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de novembro e que este ano leva por lema “En caso de emerxencia, cultura”. Neste senso, a presidenta enxalzou que “a cultura é absolutamente segura e non podemos parala”.

Carmela Silva anuncio que a programación que a Deputación levará a Culturgal estará ligada a dous grandes eixos transversais: “a igualdade e a memoria”. Neste eido, a institución provincial estará presentando as iniciativas e programas levadas a cabo con “Re-acción Cultural”, o programa de Memoria Histórica “O pasado por vir” para reivindicar ideas transformadoras de antes de 1936, tamén haberá a performance de Violencia Zero “Can Cancela Calafrío” con María Roja, e presentarase o libro de Diego Piay “O castelo de Soutomaior”.

O calendario completo de actividades, que engloba máis de 70 propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia, foi desvelado por Víctor López, presidente da Asociación Culturgal, e por Xosé Aldea, director do evento, nunha presentación que contou coa intervención e en nome da Xunta, do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

Culturgal chega este ano á súa décimo terceira edición como unha ferramenta máis necesaria que nunca para o sector cultural do país, debido á pandemia global.

Un amplo equipo audiovisual súmase a esta 13ª edición para a emisión en directo da meirande parte das actividades que terán lugar o 28 e o 29 de novembro e ás que se poderá asistir de xeito presencial previa reserva

A edición terá un formato semipresencial, prescindirá da presenza de stands no recinto pero haberá escenarios e presentación de audiovisuais, vídeos, libros, etc. Todo isto será retransmitido por streaming e no recinto haberá un máximo de 50 persoas á vez. Nesta edición, os dous principais obxectivos do evento son facilitar a participación de empresas, creadoras e creadores, profesionais e públicos, e estimular a compra de produtos culturais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies