spot_img
InicioPontevedra e Área“Degusta Europa" leva un ano máis aos mercados da provincia de Pontevedra...

“Degusta Europa” leva un ano máis aos mercados da provincia de Pontevedra os sabores da gastronomía de Rías Biaxas

“Degusta Europa" leva un ano máis aos mercados da provincia de Pontevedra os sabores da gastronomía de Rías BiaxasOs centros integrados de formación profesional Carlos Oroza e Manuel Antonio servirán as tapas das degustacións que terán lugar entre o 19 de abril e o 4 de maio en Redondela, Cambados, Pontevedra, Tui, Baiona e Vigo

Revista COUSAS DE Nº17

A Deputación pon en marcha unha nova edición de “Degusta Europa”, un programa co que a institución provincial conmemora o Día de Europa, efeméride que recorda cada 9 de maio a firma da “Declaración de Schuman” (1950), a través de degustacións gastronómicas en mercados e prazas de abastos da provincia. Os concellos de Redondela, Cambados, Pontevedra, Tui, Baiona e Vigo acollerán entre o 19 de abril e o 4 de maio esta iniciativa que “fará –tal e como explicou a deputada provincial Iria Lamas- unha homenaxe á gastronomía das nosas avoas, volvendo á orixe da cociña das Rías Baixas, recuperando receitas tradicionais e reinterpretándoas con produtos locais”. Contará, para elo, coa colaboración do alumnado e o profesorado dos centros integrados de formación profesional (CIFP) Carlos Oroza, de Pontevedra, e Manuel Antonio, de Vigo.

“As prazas de abastos e mercados municipais serán protagonistas de “Degusta Europa”, porque sempre foron uns grandes referentes comerciais dos concellos, nos que se poden adquirir produtos frescos e de gran calidade”, remarcou a deputada Iria Lamas. Deste xeito, estes espazos dos concellos de Redondela, Cambados, Pontevedra, Tui, Baiona e Vigo acollerán entre o 19 de abril e o 4 de maio este programa de degustacións gastronómicas a través do cal “realizamos unha serie de pratos ante o público, tipo show cooking, que se elaboran con produtos da zona, incluíndo algúns que se mercan alí mesmo”. Todas as actividades terán lugar entre as 11.00 e as 12.00 horas.

O alumnado do CIFP Carlos Oroza será o encargado de elaborar os menús de Redondela, Cambados e Pontevedra, que contarán con dous pratos salgados e, nos tres casos, larpeira de sobremesa e ponche de Sansón e queimada 4.0. para beber. Así, o mércores 19 de abril “Degusta Europa” chega á Praza de Abastos de Redondela con lacón con grelos á feira e arroz negro de chocos con alioli; o xoves 20 de abril á Praza de Abastos de Cambados con zamburiña gratinada e mexillóns á crema, e o venres 21 de abril ao Mercado de Abastos de Pontevedra con empanada de bacallau con pasas e torrada de sardiña con pementos e patacas.

Pola súa banda o CIFP Manuel Antonio elaborará o mesmo menú para o resto dos mercados: tosta de lacón con grelos, chopo de caldo galego e aire de chourizo, tosta de San Xoán, tacos de secreto de porco, tartaleta de queixo e marmelo, melindres e enreixado de cabelo de anxo. Serviranse o mércores 26 de abril na Praza de Abastos de Tui, o mércores 3 de maio na Praza Ángel Bedriñana de Baiona e rematará o xoves 4 de maio no Mercado do Calvario de Vigo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.