spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán creará este verán catro novas zonas de servizos accesibles en Praia...

Nigrán creará este verán catro novas zonas de servizos accesibles en Praia América, Panxón e Patos

Nigrán creará este verán catro novas zonas de servizos accesibles en Praia América, Panxón e PatosRemodelará e reubicará as existentes con novos módulos de aseo inclusivos, zonas de aparcamento ao seu carón, duchas sen bordes, ramplas melloradas… 

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán disporá no vindeiro verán de novas zonas de servizos accesibles nas súas principais praias urbanas: Praia América-Lourido, Panxón e Patos. Con este obxectivo o consistorio asumíu a proposta realizada polo Centro Juan María dentro do programa municipal ‘Un Nigrán para Todos’ e consignou inicialmente no pasado pleno 60.000 € para mellorar radicalmente a experiencia dos usuarios con problemas de mobilidade. Igualmente, consignáronse 15.000 € para a redacción do proxecto, que será o que estime a contía final dos cartos para realizar todos estes cambios plantexados.

“Actualmente os módulos de baño e aseo están obsoletos e dispersos en zonas onde ademais hai obstáculos nas ramplas ou no encontro de pavimentos e de entrada ás duchas. Agora se trata de replantexar desde 0 estes lugares, cun proxecto de accesibilidade específicamente elaborado para elo e que, ao mesmo tempo, pretende outorgarlles uniformidade e harmonía coa contorna”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que repercutirá, adicionalmente, “na calidade turística e na imaxe da zona”.

En concreto, o Concello intervirá nas actuais zonas de Praia América (Lourido e no aparcamento da antiga escola de vela) e en Panxón desprazando estes servizos á altura das pistas de tenis (resulta máis accesible a entrada á praia e a chegada en coche). Finalmente, en Patos o obxectivo é integrar o servizo ao posto de socorrismo.

Todos os aseos e duchas serán substituídos por módulos máis accesibles, establecéndose no punto máis próximo posible zonas de aparcamento reservado, mellorando as ramplas existentes ou eliminando calquera borde para a recollida de augas das duchas.

En todas estas novas zonas manteranse xa na area as ramplas flexibles de poliester reciclado adquiridas o ano pasado polo Concello de Nigrán cun investimento de 17.908 euros e será onde se ubique o material adaptado específico que dispón o Concello (cadeiras anfibias, muletas para a area…).

- Publicidade -spot_img