spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea en redes sociais o documental de relatos 'A memoria da...

Nigrán estrea en redes sociais o documental de relatos ‘A memoria da auga’ sobre a actividade muiñeira de Chandebrito

Nigrán estrea en redes sociais o documental de relatos 'A memoria da auga' sobre a actividade muiñeira de ChandebritoO vídeo forma parte do proxecto para por en valor a fraga dos muíños de Rodas e recolle a testemuña de 6 veciños que moían ou moen habitualmente

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán estreou a pasada semana na súa canle de Youtube ‘A memoria da Auga’ , o documental de relatos que narra a historia muiñeira da parroquia de Chandebrito. A curta, de 20 minutos de duración, será pendurada a súa vez na web do Concello  www.arquivoaudiovisualnigran.org, creada no 2021 co obxectivo de recuperar e preservar o pasado máis recente do municipio e, por outra banda, difundilo (ao igual que se subirán a este mesmo portal os documentais sobre a campaneira de Parada, Esther Nande; a última muiñeira de Camos, Rosa de Malde; e a última redeira de Panxón, Rosalía González).

“Ao igual que temos un arquivo histórico de imaxes de Nigrán, agora estamos a documentar  oficios, tradicións e costumes que están desaparecer e que forman parte da nosa esencia”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que “é un traballo contrarreloxo para chegar a tempo a de recoller en primeira persoa os relatos sobre o patrimonio material e inmaterial, que no caso dos muíños son as dúas cousas porque ademais da propia infraestrutura están as lendas e cantigas asociadas, os oficios e tradicións perdidas…”, explica.

Este novo documental forma parte do proxecto adxudicado a Árbore Arqueoloxía para por en valor a fraga dos muíños de Rodas, iniciativa do Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes e Veciños de Chandebrito, e recolle a testemuña de 6 persoas que moían habitualmente nalgún dos 10 que chegou a ter activos simultáneamente a parroquia (un par deles manteñen viva a tradición porque dous construcións siguen operativos). Os relatos dos recordos i experiencias de Rosa Rial, Paulino Costas, Olivia Pérez, Julia Rial, Jorge Costas e Jaime Iglesias van acompañadas de espectaculares imaxes da zona e de detalles. Participan tamén, como promotores desta iniciativa, o alcalde de Nigrán, Juan González, e Víctor Vidal, presidente da Comunidade de Montes e da Asociación de Veciños.

O documental divídese en 5 pequenos capítulos: a ‘Xestión da auga’, onde explican que había uns horarios establecidos para moer e durante tempadas estaban parados porque lle vendían auga da presa de arriba de todo aos veciños de Coruxo; os ‘Traballos comunitarios’, consistentes en manter os regos e as presas limpas fixando entre todos eles días para facer isto xuntos; ‘Muíños de herdeiros’ porque era habitual herdar horas concretas para o uso dos muíños; ‘Fariñas e Pans’, onde explican cómo se elaboraban as bolas de millo en fornos de leña e como se obtiña diversa calidade de fariña (desde o óleo para a papa das crianzas ao picón para os animais); e, finalmente, o capítulo ‘Unha tradición viva: a moenda’, onde Olivia Pérez ensina como moe exacamente igual a cando comezou hai 60 anos no muíño da Regueira.

- Publicidade -spot_img