Inicio Pontevedra #COVID19 O Laboratorio de Mouriscade mantén activas as súas funcións sen incidencias...

#COVID19 O Laboratorio de Mouriscade mantén activas as súas funcións sen incidencias priorizando análises microbiolóxicas e de augas

#COVID19 O Laboratorio de Mouriscade mantén activas as súas funcións sen incidencias priorizando análises microbiolóxicas e de augasO traballo neste centro esencial da Deputación de Pontevedra execútase extremando as medidas de hixiene e distancia entre persoas

 A Finca Mouriscade da Deputación de Pontevedra mantén a actividade e continúa a executar as súas funcións con normalidade, priorizando análises microbiolóxicas e de augas fronte a nutricionais. Ata o momento, non houbo incidencias e estanse a extremar as medidas de hixiene e a distancia entre persoas para garantir a seguridade do persoal que segue a prestar os seus servizos no centro (a xefa de servizo, tres técnicos de laboratorio e un administrativo).

Tendo en conta a situación de crise sanitaria, detectouse unha diminución das mostras de entre o 40 e o 60%, e marcáronse como prioritarias as análises microbiolóxicas fronte ás nutricionais. O laboratorio continúa analizando ensilados, pensos e materias, así como augas, identificando xermes en leite, análises de microbioloxía de ensilados e control de calidade das materias primas. Con todo elo, se segue a dar servizo aos sectores produtivos como ás gandeiras e gandeiros, persoal técnico e fábricas de pensos.

Finca mouriscade analisis de mostras

En canto ás medidas de hixiene e desinfección, ao chegar as mostras, que habitualmente veñen embaladas en bolsas de plástico ou caixas de cartón, son pulverizadas cunha solución desinfectante. Tamén se está a extremar a limpeza de todas as superficies de contacto, mesas, manillas de portas, así como a hixiene e seguridade persoal, seguindo o protocolo de limpeza de mans estipulado e empregando materiais de protección persoal.  Ademais, estase a seguir as directrices relativas á distancia entre persoas, para garantir a seguranza do persoal que presta os seus servizos en Mouriscade.

Historia da Finca Mouriscade

O laboratorio da Finca Mouriscade foi creado en 1990 pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de dar resposta ás necesidades do sector gandeiro, mellorar as explotacións da provincia e aumentar a calidade do leite que producen. En 2015 renováronse as súas instalacións, con preto de 1.700 metros cadrados, e incorporouse nova maquinaria coa que satisfacer a gran demanda do sector.

#COVID19 O Laboratorio de Mouriscade mantén activas as súas funcións sen incidencias priorizando análises microbiolóxicas e de augas

A implicación da institución provincial no desenvolvemento da agrogandería comezou en 1973, cando realizou un estudo sobre os animais das explotacións da provincia que confirmou a ausencia de cabezas de alta calidade. A raíz deste traballo a Deputación adquiriu a Finca Mouriscade, que conta cunhas 44 hectáreas de terreo, e comezou a importar vacas frisoas doutros países europeos para introducilas e recrialas na provincia.

A seguinte aposta da Deputación foi a creación do laboratorio, en 1990, que traballa na seguridade agroalimentaria a través de análises de forraxes, pensos e materias primas, análises de augas e a identificación de xermes e antibiogramas en mostras de leite.

Finca Mouriscade na actualidade

A día de hoxe realízanse análises tanto para as explotacións gandeiras da provincia (para as que son de balde) coma para o resto de España, Portugal e incluso outros países europeos, desde os que hai unha gran demanda. De feito, realízanse máis de 60.000 análises de mostras cada ano.

A liña de análises permítelles a gandeiros, cooperativas e industrias coñecer, coa máxima fiabilidade, os valores nutricionais da manutención das súas reses, para optimizala e favorecer que as explotacións sexan cada vez máis modernas e competitivas nos mercados.

#COVID19 O Laboratorio de Mouriscade mantén activas as súas funcións sen incidencias priorizando análises microbiolóxicas e de augas

Unha das prioridades do laboratorio da Finca Mouriscade é a rapidez do traballo para que os interesados poidan tomar decisións e actuar no menor tempo posible. Para lograr este fin aplícase un protocolo que permite que as análises químicas de ensilado, realizadas mediante a técnica NIR, se entreguen nun prazo de 24 a 48 horas.

No laboratorio da Finca Mouriscade tamén se realizan análises de augas nas que se detectan E. coli, coliformes, así como nitratos, nitritos ou se determina a súa condutividade, entre outros parámetros.

Finalmente, tamén existe unha liña de identificación de xermes en leite causantes de mamite e realízanse antibiogramas.

Todos os resultados das análises que se realizan na Finca Mouriscade poden consultarse na web tan pronto como finalizan as probas. Para iso o laboratorio facilítalles aos clientes un contrasinal confidencial e seguro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies