spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCOUSAS DE presenta unha nova plataforma mixta de comunicación para o sur...

COUSAS DE presenta unha nova plataforma mixta de comunicación para o sur da provincia

Presentación revista COUSAS DE en Baiona, abril 2019 (12)1O pasado día 10 de abril, presentouse publicamente, a nova revista COUSAS DE, a súa páxina web cun deseño totalmente renovado e tamén unha aplicación para móbil.

O lugar elixido foi o emblemático Parador de Baiona e ata alí achegáronse os colaboradores que forman parte do equipo que fai posible a revista e unha nutrida representación da sociedade onde se publica ata a data, entre os que se atopaban anunciantes, representantes municipais e tamén dalgunhas das asociacións de carácter social, que traballan no sur da provincia e ás que se lles presta unha especial atención en cada número.

O proxecto COUSAS DE nace coa vontade de crear unha plataforma mixta de comunicación que contribúa a difundir principalmente, todo o que de bo faise no social e cultural, no sur da provincia de Pontevedra.

Ediciones Basan, editora da revista COUSAS DE presenta a nova plataforma mixta de comunicación para o sur da provincia https://lnkd.in/dbBP7wn vía @cousasde

Foi o director e editor da revista, Jesús G. Bastida, o encargado de dar a benvida a todos os asistentes e despois de explicar a orde de intervencións, dió a palabra Carlos Méixome, o que foi director ata 2015 do IEM, é unha das firmas que habitualmente colaboran coa revista. Na súa intervención, Méixome fixo un breve percorrido polas diferentes publicacións que ao longo dos últimos anos editáronse nesta parte da provincia e que nalgún momento algúns chamaron Turonio. Quixo destacar a importancia dunha publicación como COUSAS DE, que entre as cousas que pon en valor é precisamente o uso do idioma galego e finalizou facendo unha emotiva semblanza do seu director.

Prtesentación da nova revista COUSAS DE

Para explicar as modificacións introducidas na revista, contamos con Caridad Rodríguez, quen participou no seu deseño e maquetación case desde o principio. Caridad explicou paso a paso cada un dos cambios introducidos, xa que pasamos de maquetar contido para unha comarca con cada revista, a cubrir cunha soa revista o sur da provincia.

Prtesentación da nova revista COUSAS DE

O redeseño da web, foi elaborado integramente por V&BA. Enrique Pereira, foi o encargado de presentar a nova web e a súa transformación, destacando aqueles cambios nos que puxemos máis interese para que adquiran máis protagonismo, por exemplo ‘Cooperación Transfronteiriza’.

Prtesentación da nova revista COUSAS DE

De explicar a APP, encargouse o noso director. Na súa intervención explicou que coa aplicación para móbil, “podemos acceder directamente ás últimas noticias publicadas na web, ás reportaxes, a todas as revistas publicadas e ás redes sociais Facebook e Twitter.” Pero o máis destacable, dixo “é que nestes momentos se está a traballar no desenvolvemento dun espazo que ofreza información de utilidade para o usuario, relativa a propostas ou eventos programados na zona onde se atopen, sobre os nosos anunciantes, xeolocalización, etc”. Bastida expresou finalmente o seu convencemento de que será un dos alicerces do proxecto COUSAS DE.

Prtesentación da nova revista COUSAS DE

Para rematar a súa intervención (esta íntegra a continuación no enlace E como chegamos ata aquí), quixo expresar dunha maneira moi especial o seu agradecemento a todos e cada un dos colaboradores que “ao longo destes anos participaron nalgunha das fases deste proxecto, deixando impreso o seu talento e xenerosidade; a todos os nosos lectores, principalmente do Baixo Miño e o Val Miñor, polo seu ánimo inmutable e finalmente aos nosos anunciantes, pois sen eles, todo o anterior non sería posible”.

Ao terminar, todos xuntos compartimos un ‘viño galego’ e algunhas fotos nun improvisado photocall.

E como chegamos ata aquí

Texto íntegro cierre do acto, por J.G.B

#Agradecemento: O noso agradecemento ao equipo de Homeclaro TV polo traballo audiovisual.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

  1. […] pasada semana achegámonos ata o Parador de Baiona (Pontevedra) para asistir á presentación da nova revista COUSAS DE, na que teño a honra de seguir como redactor e participar co meu artigo-reportaxe “O Rosal […]

Comments are closed.