Inicio Baixo Miño A Guarda Costas do Estado remata na Guarda a escollera provisional de protección da...

Costas do Estado remata na Guarda a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte

Costas do Estado remata na Guarda a escollera provisional de protección da praia Lamiña-ForteEsta actuación evitará o dano irreversible que suporía, previsiblemente neste próximo inverno, a inundación da cova da areeira, a depresión que se atopa tras o punto crítico da duna que estaba sufrindo a erosión, segundo informan dende o Concello

Despois de case dous anos de xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e cando a situación, no punto máis crítico da praia, facía prever que a duna non aguantaría un inverno máis, e se produciría a inundación da depresión existente tras ela; Costas do Estado acometeu unha escollera provisional que permitirá frear a erosión do litoral mentres se traballa no proxecto definitivo de Estabilización da Marxe do Río na súa Desembocadura.

“Dende o primeiro momento, o Concello da Guarda, observando o deterioro acelerado do litoral da Lamiña nestes últimos anos, se demandou unha actuación urxente por parte de Costas do Estado. Esta demanda contou sempre co apoio de moitas persoas, a nivel particular ou de forma colectiva, que fixeron chegar as súas queixas ao concello, sobre todo veciños e veciñas de Camposancos” destaca Lomba.

A competencia para actuar no litoral do río Miño no seu tramo internacional, Pertence a Costas do estado, que a súa vez depende da “Dirección General de Sostenibilidade de la Costa y del Mar” que está integrada no “Ministerio para la Transición Ecológica”. Dado o carácter internacional do Esteiro do Miño calquera actuación debe contar co visto bo do Ministerio de Administración Interna de Portugal, e, por pertencer a rede Natura 2000, debe ter informe favorable da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, dado que ten que cumprir co plan director da rede Natura 2000. Neste caso, por tratarse dunha actuación urxente, puntual, de pouca lonxitude e de carácter provisional non é preceptivo o estudo de avaliación ambiental segundo indica a “Ley de Evaluación Ambiental”.

Costas do Estado remata na Guarda a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte

Dende o concello da Guarda coincididen plenamente coa Consellería de Medio Ambiente cando expoñen no seu informe que: “é necesario realizar estudos, xestións e avaliacións ambientais a escala internacional, contemplando todo o río e as súas marxes, que permitan propoñer unha solución global aos problemas erosivos”. Pero, “dado que o devandito proceso pode precisar prazos non inferiores a dous anos, parece urxente realizar unha actuación local e temporal no tramo crítico, onde a duna está máis afectada, cara a evitar o dano irreversible que suporía a inundación da depresión que existe tras ela”.

“De feito as recomendacións que a Consellería de Medio Ambiente fai no seu informe son as que se seguiron a hora de acometer a actuación da escollera provisional que se acaba de rematar. Poñendo sempre por diante a protección do entorno para evitar danos irreversibles no ecosistema dunar. Entendemos tamén, dende o concello da Guarda, que a solución definitiva que se propoña para o problema de erosión no litoral galego do esteiro, que está afectando a centos de metros de praia e dunas, debe ter as garantías medioambientais precisas as que fai mención tamén o informe da Consellería.”

Na actualidade, dende o concello, “estamos a espera de que remate a redacción do proxecto definitivo de estabilización. Esperamos que este proxecto contemple a construción do dique-escollera proposto no informe técnico do CEDEX (Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas) como alternativa 5. Esta foi dende o principio a que entendíamos como solución de futuro a longo prazo que permitiría a protección e rexeneración da praia e o entorno dunar.”

Finalmente Antonio Lomba quixo destacar que “foron moitas as persoas e as institucións que nos axudaron e fixeron posible acometer esta actuación antes de que os efectos da erosión foran irreversibles. Dende o concello da Guarda queremos agradecer a preocupación e o apoio recibido por todas elas, ben axilizando os permisos para a actuación ou colaborando na busca de financiamento. En particular queremos mencionar a colaboración directa de: o Delegado do Goberno en Galicia, a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, o Xefe de Costas de Pontevedra, o Xefe Provincial da Consellería de Medio Ambiente, o Presidente da Cámara de Caminha, O Comandante Naval do Miño, o Ministro de Administración Interna de Portugal, Os Deputados Socialistas do Parlamento Galego e Español e a Comisión Internacional do Río Miño. Gracias a todos.”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies