Inicio O Condado Asinan convenio para promocionar Salvaterra a nivel turístico coa instalación de pantallas...

Asinan convenio para promocionar Salvaterra a nivel turístico coa instalación de pantallas publicitarias e monitores informativos

Asinan convenio para promocionar Salvaterra a nivel turístico coa instalación de pantallas publicitarias e monitores informativosO Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel,  veñen de asinar un convenio para promocionar o municipio a través da instalación e posta en servicio de pantallas e monitores en distintos puntos do casco urbano, de forma que os visitantes teñan acceso directo á información.

“Estamos na era  das telecomunicacións, e temos que adaptarnos ao seu uso, e polo tanto é moi importante converter tamén ao Concello de Salvaterra de Miño nun referente en canto ao xeito de compartir información cos veciños e visitantes da zona” sinala a alcaldesa.

A día de hoxe o noso  municipio é unha das zonas máis visitadas do sur da provincia de Pontevedra, son centos de persoas as que se desprazan a nosa Vila para desfrutar dunha das zonas verdes máis importantes de Galicia, o Parque Público A Canuda, que ven a camiñar polos máis de 30km de sendas verdes polas beira dos nosos ríos, que ven a empaparse da nosa historia, que visitan o noso Recinto Amurallado e visitan o Museo da Ciencia do Viño, veñen a bañarse no nosos Espazo Termal Lúdico… “ subliñou Valcarde.

Con esta acción o Concello de Salvaterra de Miño busca derivar a todos eses visitantes que se achegan ao municipio durante todo o ano aos diferentes puntos de interese nas parroquias, xa que Salvaterra de Miño conta cunha gran riqueza patrimonial, cultural e histórica ao longo das súas 17 parroquias, a través da instalación de tres tipos de pantallas publicitarias en tres puntos estratéxicos.

A obra consiste na instalación dun monitor de alta luminosidade táctil na Rúa Miño, no cruce de entrada cara o  Parque A Canuda, onde todos os visitantes terán un acceso directo e fácil a toda a información turística do municipio. Ademais instalarase unha pantalla na glorieta existente no cruce de Rúa Rosalía de Castro coa Rúa Miño e a segunda pantalla será instalada no parque A Canuda, a través das cales ademais de proxectar as imaxes do Concello axudará a publicitar os eventos deportivos e culturais do municipio e toda a información de interese para veciños e visitantes.

Asinan convenio para promocionar Salvaterra a nivel turístico coa instalación de pantallas publicitarias e monitores informativos

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies