Inicio Vigo e área Salceda de Caselas AFAGA e Concello de Salceda de Caselas presentan unha nova edición do...

AFAGA e Concello de Salceda de Caselas presentan unha nova edición do programa “Cultiva a mente”

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración con AFAGA e coa financiación da obra social de Caixabank está a desenvolver unha nova edición do programa “Cultiva a mente”,  un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.

As persoas participantes fano dun xeito activo, inmersos/as nun programa formativo que explora as preocupacións e necesidades de cada unha, proporcionando unha resposta que sexa extrapolable ó seu día a día e proporcione hábitos saudables no plano cognitivo e no afectivo.

Os/as asistentes ao programa realizan actividades de memorización, así como tarefas nas que se estimule a lóxica, a planificación, a organización e a toma de decisión, tanto individual como grupal. Realízanse tamén exercicios para mellorar a orientación temporal, espacial e persoal, ensinándolles ás persoas maiores a empregar axudas externas para orientarse.

Esta mañá a alcaldesa Loli Castiñeira xunto coa tenente alcaldesa Verónica Tourón, a Concelleira de Benestar Social Gela Ledo, o director da oficina de Caixabank en Salceda de Caselas e o presidente de AFAGA, visitaron a actividade para saudar ás persoas participantes e agradecerlles a súa participación no programa. As persoas asistentes trasladáronlles unha valoración moi positiva da actividade, e aproveitaron para demandar que se realice durante máis tempo, por ser unha actividade considerada de moito proveito para todas elas.

O programa vai dirixido ás persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención deste deterioro e no coñecemento do envellecemento activo. Realízase os xoves no centro Social da Devesa a cargo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), grazas á financiación da entidade Caixabank.

Gela Ledo, Concelleira de Benestar Social: “Dende o departamento de benestar social a prioridade é a de traballar para que iniciativas coma estas para as nosas persoas maiores así como outras para a infancia se poidan levar a cabo ao longo dos vindeiros anos”

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda “Os/as nosos/as maiores cada vez están máis concienciados/as e demandan un envellecemento saudable acorde co seu estilo de vida, e o Concello de Salceda aporta así o seu granciño para que isto sexa posible. Seguiremos a poñer en marcha accións deste estilo que sempre teñen unha grande acollida por parte da terceira idade, buscando para elo a colaboración das diferentes entidades que nos permitan seguir a manter este tipo de iniciativas”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies