spot_img
InicioBaixo MiñoI Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero dentro da...

I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero dentro da campaña “Tui en negro”

I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero dentro da campaña “Tui en negro"Dentro da campaña “Tui en Negro” este domingo vaise realizar a I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero.

Sairá ás 11 h dende a praza de San Fernando para realizar un percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes, onde haberá unha muiñada. A ruta ten unha dificultade doada e o tempo estimado é de 2 h 30 minutos.

Para participar nesta andaina é preciso inscribirse até o propio domingo na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.

Por outra parte mañá sábado, dende ás 10 h, repartirase material da campaña “En Negro” na Praza de Abastos.   Xa o luns ás 12 h na praza de San Fernando terá lugar o acto institucional.

Estas actividades forman parte da campaña “En Negro” para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de sensibilizar e implicar á poboación contra as violencias machistas. O Concello de Tui adheriuse de novo este ano á campaña “En negro contra as violencias” na que este ano participan máis de 130 concellos galegos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.