Inicio Pontevedra Baixo Miño Costa dos Castros comeza o 25 de xullo as visitas guiadas gratuítas...

Costa dos Castros comeza o 25 de xullo as visitas guiadas gratuítas de verán en Oia

Costa dos Castros comeza o 25 de xullo as visitas guiadas gratuítas de verán en OiaA Asociación Costa dos Castros programa do 25 de xullo ao 16 de setembro unha serie de visitas guiadas gratuítas co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos do patrimonio cultural e natural de Oia e, ao mesmo tempo, dinamizar o turismo na zona.

As visitas desenvolveranse de mércores a domingo e permitirán coñecer diversos enclaves arqueolóxicos, de valor histórico e natural do municipio de Oia. Os mércores ás 12.30 horas haberá itinerarios guiados no castro e petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados e domingos a ruta será a esa mesma hora polo barrio do Arrabal, na contorna do Mosteiro de Oia. Como novidade deste ano, os xoves ás 19.00 horas faranse visitas ás Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental de Europa que, ademais, forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Como complemento a estas actividades diúrnas, os venres e sábados haberá visitas guiadas nocturnas: os venres serán aos petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados a proposta consistirá en descubrir os gravados de Auga dos Cebros á luz das lanternas. Estas dúas actividades desenvolveranse ás 22.30 horas e teñen prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente no número de teléfono 689.35.57.13 ou no correo electrónico costadoscastros@gmail.com.

Máis información: www.costadoscastros.com

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies