spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda recibe á cantante Uxía no marco do programa "Mulleres en...

A Guarda recibe á cantante Uxía no marco do programa “Mulleres en Acción, Violencia Zero”

A Guarda recibe á cantante Uxía no marco do programa "Mulleres en Acción, Violencia Zero"A Guarda recibe este xoves á cantante Uxía no marco do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción, Violencia Zero”

A deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, asistirán este xoves 19 de xullo, ás 21.00 horas na Praza do Reló, á décimo sétima intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, a iniciativa provincial para darlle visibilidade á loita contra as violencias  machistas e dar a coñecer a novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

En A Guarda, a protagonista será a recoñecida cantante Uxía, unha das grandes referentes no mundo da música e da poesía galegas. A súa actuación, titulada O poder da música, pretende utilizar esta arte para empoderar e favorecer a autoestima. Ademais, tentará ser participativa polo que se lle pide ao público que traia diferentes instrumentos de percusión (cunchas, pandeiretas, paus, etc.) para formar parte dun canto colectivo que estea cheo de forza.

A artista mostrará a música como empoderamento, como arma favorecedora da autoestima e como ferramenta de interacción co público

Uxía (Mos, 1962), comezou a súa andaina artística no ano 1985 cando gañou o primeiro premio do Festival de Bergantiños. Pouco despois uniuse ao grupo Na Lúa, co que gravou dous discos. Nos noventa retomou a súa carreira en solitario, colaborando con diversos artistas lusófonos, logrando establecer lazos culturais entre esta comunidade e Galicia. Ademais, Uxía é unha prolífica cantante con doce álbums no mercado nos que explora temas como a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas ou a poesía contemporánea galega.

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en modalidades como a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e celébrase este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.