Inicio Pontevedra Baixo Miño DepoDesafío chega ao Baixo Miño cunha carreira entre A Guarda, O Rosal...

DepoDesafío chega ao Baixo Miño cunha carreira entre A Guarda, O Rosal e Tomiño

depodesafio-chega-ao-baixo-mino-cunha-carreira-entre-a-guarda-o-rosal-e-tominoEste domingo día 22 de xullo celébrase unha carreira a pé enmarcada no programa DepoDesafío da Deputación de Pontevedra, que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega.

Nesta primeira proba os participantes terán un percorrido moi técnico pola senda do Miño, alnternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.

O prazo de inscrición para o “Depo Desafío” amplíase ata este venres 20 de xullo, ás 14:00 h. O novo período para recoller os dorsais será o venres 20 de xullo, de 9:00 a 14:00 h ou o mesmo día da proba nos puntos de información (para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar un documento oficial acreditativo).

Na práctica deportiva poñémonos retos para manter viva a ilusión e seguir adestrando ou facendo deporte. Non serve con facer algo fácil e accesible, o que nos motiva é tentar superar aquelas cousas que supoñen un desafío. Non penses que cando acabas un reto xa está todo feito. Se che gusta o deporte e queres gozar del, sempre estarás a buscar desafíos para sentirte realizado como deportista e como persoa. Por todo iso, a Deputación de Pontevedra, continuando co desenvolvemento do seu plan estratéxico, impulsa un novo formato de probas deportivas chamado “DepoDesafío”, que combina a carreira, a bicicleta e a natación nun ciclo de 5 probas onde as e os participantes vivirán novas experiencias e emocións.

Ven e goza dun ambiente especial no que poderás visitar e coñecer os encantos da provincia de Pontevedra, xa que cada proba do “DepoDesafío” levarase a cabo nun lugar diferente da provincia. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que queiran experimentar novos desafíos, así que non o dubides e apúntate.

Como participo? Admitirase un máximo de 300 participantes e terá un custo de 30 euros por persoa. Isto inclúe a participación en todas as probas (para máis información ver o regulamento do “DepoDesafío”), aínda que tamén se pode participar nunha soa (ver o límite de prazas e o custo na parte do regulamento específico de cada proba).

Como me inscribo? Só tes que ser maior de 18 anos e que che gusten os retos. Inscríbete a través do noso servizo web na modalidade de desafío ou na de proba individual.

Como recollo o meu dorsal? Os dorsais recolleranse na Deputación de Pontevedra, no Servizo de Deportes. Para a modalidade individual recolleranse o mesmo día da proba nos puntos de información ata 30 minutos antes de que comece.

Máis información: https://www.depo.gal/depodesafio

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies