spot_img
InicioVal MiñorGondomarConferencia de Miguel Álvarez Soaje: 'Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas...

Conferencia de Miguel Álvarez Soaje: ‘Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración’.

Conferencia de Miguel Álvarez Soaje: 'Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración'. O mércores, 7 de novembro a Aula de Cultura Ponte de Rosas (local do IEM), Gondomar, acollerá a conferencia de Miguel Álvarez Soaje: ‘Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración’.
O Pazo de Pías da Ramallosa gardou durante centos de anos unha documentación importante para a historia do Val de Miñor. Grazas ás investigacións do polifacético doutor en Historia da Ciencia Miguel Álvarez Soaje, podemos hoxe coñecer mellor a dous ilustrados galegos do século XVIII: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro. Un bisneto deste último foi o famoso José Arias Teixeiro e Correa, nacido en Pontevedra, onde seu pai foi alcalde, e finado no seu pazo da Ramallosa en 1869.
 
A conferencia de Miguel Álvarez Soaje, coñecedor da historia da ciencia e das boticas monacais, descubriranos a influencia que tivo en Galicia a figura singular do pensamento medieval Ramón Llull. A Galicia do século XVIII estará luminosa na presentación dos ilustrados irmáns Arias Teixeiro.
Mércores, 7 de novembro ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas (local do IEM), Gondomar.

 

 

Miguel Álvarez Soaje é farmacéutico, investigador e Doctor en Historia da Ciencia

- Publicidade -spot_img