Inicio Galicia Braga acolle ata principios de decembro a exposición itinerante 'De mar a...

Braga acolle ata principios de decembro a exposición itinerante ‘De mar a mar’ sobre o Camiño Portugués e a súa variante costeira

Braga acolle ata principios de decembro a exposición itinerante 'De mar a mar' sobre o Camiño Portugués e a súa variante costeiraA cidade portuguesa de Braga acolle desde hoxe e ata principios de decembro a exposición itinerante De mar a mar, como parte da programación do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa que a Consellería de Cultura e Turismo está a celebrar durante todo este 2018, como establece o Plan director do Camiño de Santiago.

A mostra está composta por imaxes de grandes dimensións en 3D, realizadas coa técnica estereográfica, que retratan o patrimonio, as paisaxes e aos propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e do Camiño de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que o Plan director do Camiño de Santiago vén priorizando os investimentos nestes dous últimos anos coa vista no Xacobeo 2021.

Con esta exposición, o Goberno autonómico promove durante todo o ano o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa en diferentes puntos tanto de Galicia como do país veciño. Enmárcase nas accións de dinamización sociocultural que se están a levar a cabo en diferentes localidades de ambos itinerarios onde xa estivo presente esta mostra, como Pontevedra, Padrón, Coímbra ou Caldas de Reis.

De Mar a Mar poderá verse ata o 9 de decembro na sala de exposición do Centro Interpretativo da Memória da Misericordia de Braga, situada no Palacio do Raio, de martes a sábados de 10,00 a 13,00 horas e de 14,30 a 18,30 horas.

Sinerxías con Portugal

A inauguración de De Mar a Mar en Braga contribúe a seguir establecendo sinerxías entre Galicia e Portugal e alíñase con iniciativas como o proxecto europeo Fazer Caminho, que aspira a consolidar o Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades que contribúan ao seu desenvolvemento.

Tanto o Camiño Portugués como o Camiño Portugués da Costa están a vivir unha moi positiva evolución nos últimos anos. Xuntos aglutinan aproximadamente o 25% dos peregrinos que chegan a Santiago de Compostela. O Camiño Portugués é na actualidade o segundo itinerario preferido e o Camiño Portugués da Costa o sexto. No que vai de ano, percorréronos máis de 65.000 e máis de 13.000 peregrinos respectivamente.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies