spot_img
InicioBaixo MiñoCoñecer ou redescubrir o seu patrimonio, obxetivo dás novas visitas guiadas do...

Coñecer ou redescubrir o seu patrimonio, obxetivo dás novas visitas guiadas do Concello de Tui

Igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns, dos século XI e XII
Igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns, dos século XI e XII

Realizaranse do 3 ao 11 de decembro cun percorrido aproximado dunha hora e saída da Praza da Inmaculada.

As visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui ofertarán percorridos especiais dende o sábado 3 ao domingo 11 de decembro con novas propostas que se suman as que se veñen realizando dende o mes de xuño. Entre as novidades están as rutas polo Tui Fidalgo, o Tui Escolar e a Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.

O obxectivo destas visitas guiadas é dar a coñecer ou redescubrir tanto polos tudenses coma por visitantes o patrimonio que atesoura o conxunto histórico de Tui. As rutas parten sempre da Praza da Inmaculada e teñen unha duración aproximada dunha hora. Son guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

A ruta polo Tui Escolar propón un percorrido polos edificios orixinais de escolas de primaria e de secundaria que conserva a cidade dende  século XVI, de cando data o Colexio dos nenos da doutrina ubicado na rúa San Telmo, ata os colexios de primaria que había no século XIX coma os situados na rúa Sanz no edificio da parroquia e no inmoble que hoxe ocupa o Espazo Xove, ata o século XX coma o parvulario da praza da Misericordia ou o situado na Praza do Concello. As visitas ao Tui Escolar serán o sábado 3 e o sábado 10 ás 19h.

Outra das novidades será a ruta polo Tui Fildalgo, cun percorrido polos edificios do século XVI e XVII que representan a nova tipoloxía de vivenda xurdida a raíz do cambio social que houbo na cidade. Visitaranse casas blasonadas e darase conta tamén do contexto histórico dunha cidade en recuperación cun comercio internacional moi importante.

Tamén coma novidade figuran as visitas á igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns, dos século XI e XII que se realizarán o luns 5, mércores 7 e venres 9 ás 12h.

Mantéñense os percorridos polos Tui Xudeu que se realizarán o domingo 4 e o domingo 11 ás 13h, e ao Tui Medieval o martes 6 e o xoves 8 ás 19h; e á igrexa de San Domingos cos retablos barrocos o domingo 4 e o domingo 11 ás 19h.

 

Calendario de visitas guiadas gratuítas do 3 ao 11 de decembro

–          Sábado 3 ás 19h Tui Escolar

–          Domingo 4

o   Ás 13h Tui Xudeu

o   Ás 19h San Domingos

–          Luns 5

o   ÁS 12h San Bartolomeu

o   ÁS 18h Tui Fidalgo

–          Martes 6 ás 19h Tui medieval

–          Mércores 7

o   Ás 12h San Bartolomeu

o   Ás 18h Tui Fidalgo

–          Xoves 8 ás 19h Tui medieval

–          Venres 9

o   Ás 12h San Bartolomeu

o   Ás 18h Tui Fidalgo

–          Sábado 10 ás 19h Tui Escolar

–          Domingo 11

o   Ás 13h Tui Xudeu

o   Ás 19h San Domingos

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.