spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaNin a chuvia nin o frío impediron a proba escolar de Campo...

Nin a chuvia nin o frío impediron a proba escolar de Campo a través organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño na Guarda

Este sábado 26 de novembro, celebrouse no recinto do Cámping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda), a carreira “Campo a través” organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda.

Nesta proba participan nenos e nenas dos concellos de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, onde actúa a agrupación. Os participantes percorreron diferentes distancias segundo as categorías por idades, dende os 600 ata os 2.300 metros e se realizaron en circuítos trazados dentro do Cámping.

Os atletas da Sociedade Atlética do Trega acadaron un gran resultado neste cross clasificatorio escolar federado do Baixo Miño. Así, todos os corredores saíron na busca do billete que os clasificara para o provincial, tentando acadar as 8 prazas dispoñibles por cada categoría. A clasificación completa de tódalas categorías da proba pódense consultar no seguinte enlace http://www.agrudebam.es/campo-a-través.

Aínda que o tempo non acompañou, nin a chuvia nin o frío impediron que os participantes puideran desfrutar da xornada, que foi posible gracias non só aos organizadores de Agrupación Deportiva Baixo Miño e o concello da Guarda, senón tamén á labor do Servizo Provincial de Deportes, ao Cámping Santa Tecla, á policía local e ao servizo de ambulancia.

- Publicidade -spot_img