spot_img
InicioBaixo MiñoCoñecer o uso de macrofitas como alternativa para depurar augas residuais, obxetivo...

Coñecer o uso de macrofitas como alternativa para depurar augas residuais, obxetivo da visita que organiza o Concello de Oia a Abegondo

O Concello de Oia organiza unha visita a AbegondoO Concello de Oia organiza unha visita a Abegondo, para os veciños e veciñas que queiran coñecer de primeira man o sistema de depuración pioneiro implantado neste Concello, baseado na depuración a través de plantas macrofitas ou acuáticas.

Este sistema, en opinión da Alcaldesa, Cristina Correa, sería o adecuado para zonas dispersas, tanto do interior como da costa, xa que permite a xestión de augas residuais domésticas dun xeito sostible, cun sistema biolóxico, formado por humedais que non contaminan e teñen un mantemento asumible.

“Este sistema de humedais depura augas residuais que son tratadas nunha estación depuradora (EDAR). Esta planta inclúe dous humedais de plantas macrofitas como sistema terciario de depuración. É dicir, despois de pasar por sistemas convencionais de depuración, as macrofitas actuarán sobre as augas para mellorar a súa calidade como medio de auto-depuración natural. É un sistema natural, cunha afectación mínima ó medioambiente, que se integra perfectamente dende o punto de vista paisaxístico e cun moi baixo, ou nulo consumo enerxético, e apenas require mantemento.”

Así mesmo, haberá ocasión de coñecer da man do técnico Carlos Ameijeira, o proxecto Life Rural Suplies, sobre a calidade da auga das traídas veciñais e pozos levado a cabo en Abegondo.

A visita está prevista o Sábado 2 de xuño. Os veciños e veciñas interesados, deberán inscribirse no Rexistro do Concello.

- Publicidade -spot_img