Inicio Galicia A Denominación de Orixe do Ribeiro celebra o seu crecemento na 55...

A Denominación de Orixe do Ribeiro celebra o seu crecemento na 55 Feira do Viño de Ribadavia

a-denominacion-de-orixe-do-ribeiro-celebra-o-seu-crecemento-na-55-feira-do-vino-de-ribadaviaA Denominación de Orixe do Ribeiro, que ampara a case 6.000 viticultores e máis dun cento de industrias na zona, celebra o seu crecemento na 55 Feira do Viño de Ribadavia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu á inauguración da feira do viño do Ribeiro que se celebra ata o martes 1 de maio en Ribadavia. Alí a responsable autonómica destacou a boa evolución desta denominación de orixe que alcanzou no 2017 unha produción de 8,7 millóns de litros, a pesares das inclemencias climatolóxicas. En concreto, na última vendima recolléronse máis de 9,6 millóns de quilos de uva certificada.

“Estas cifras tradúcense en riqueza para Galicia, en postos de traballo e en rendas dignas para os veciños do rural, que é polo que traballa a Xunta de Galicia”, declarou a conselleira. Neste sentido, lembrou que só este selo certificado ampara a 5.752 viticultores e 114 industrias.

“E o que queremos e que estas cifras sigan mellorando”, declarou a responsable autonómica. Para iso, a Consellería do Medio Rural dispón de axudas destinadas especificamente ao mundo do viño. De feito, a día de hoxe e ata o 16 de maio permanecerá aberto o prazo para solicitar as subvencións para plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia do ano 2018, que ascenden a 1,4 millóns de euros. Precisamente a través desta convocatoria, no último ano actuouse na mellora dunhas 77 hectáreas, a maioría na provincia de Ourense, onde houbo 37 beneficiarios destas achegas e melloraron 38,2 ha de superficie de viñedo.

Novo consello regulador

Segundo a conselleira, nesta boa evolución xoga un papel clave o consello regulador, un equipo que traballa por garantir a calidade do produto e a súa procedencia, ademais de loitar por dalo a coñecer. Neste sentido, cobra importancia este tipo de feiras, así como outras de carácter nacional e internacional, como a de Alimentaria, onde este mesmo mes tamén estivo presente o Ribeiro xunto co resto de denominacións de orixe vinícolas galegas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies