spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Centro Cultural da Guarda acolle "Pequenos grandes pintores da vila", unha...

O Centro Cultural da Guarda acolle “Pequenos grandes pintores da vila”, unha mostra para gozar dos novos talentos da Guarda e Oia

 «Pequenos grandes pintores da vila» : Unha mostra para gozar dos novos talentos da Guarda e OiaO pasado sábado 28 de maio inaugurouse no Centro Cultural da Guarda a exposición «Pequenos grandes pintores da vila», na que se expoñen os traballos realizados por rapazas de entre 7 e 14 anos dos concellos da Guarda e Oia. 

A mostra, coordinada pola pintora e mestra Tereixa Martínez, componse dun total de 37 cadros realizados con distintas técnicas -óleo, acuarela, carboncillo e pastel, entre outros- e temática principalmente paisaxística, elaborados no obradoiro artístico impartido pola pintora na Guarda. Así, Mónica Rodríguez, Sara Rodríguez, Ana María Vicente, Mar González, María Lomba, Andrea Álvarez e Micalea C. Villalón expoñen nesta ocasión e por primeira vez parte das súas creacións, nas que os e as visitantes poderán contemplar a súa evolución e gozar do seu talento.

As obras poderán contemplarse no Centro Cultural ata o vindeiro 14 de maio no horario de apertura habitual do Centro Cultural, isto é, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e os sábados en horario de mañá.

- Publicidade -spot_img