spot_img
InicioO SalnésConde destaca a nova praza de abastos de Cambados como referente do...

Conde destaca a nova praza de abastos de Cambados como referente do novo modelo de mercados galegos impulsores do comercio de proximidade e o turismo

 

Conde destaca a nova praza de abastos de Cambados como referente do novo modelo de mercados galegos impulsores do comercio de proximidade e o turismoO conselleiro de Economía e Industria asina, xunto á ministra de Fomento, Ana Pastor, e ao alcalde de Cambados, Luis Aragude, o convenio que permitirá poñer en marcha o proxecto

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe o futuro mercado de Cambados como referente do novo modelo comercial que, co impulso do Goberno galego, está a transformar as prazas de abastos da comunidade en eixos do comercio de proximidade, do turismo e da venda de produtos frescos e de calidade. Conde asinou, xunto á Ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde da vila, Luis Aragunde, o convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros –dos que a Xunta aportará 648.000 euros-, para converterse nun motor do comercio local e nun punto central na vida da vila.

“Botamos a andar un proxecto especial para Cambados, pero especial tamén para Galicia. Non falamos só dunha nova praza, senón dun novo modelo comercial de futuro para as vilas galegas, sen perder a calidade, a proximidade e a atención ao cliente”, dixo Conde, que subliñou como clave para poñer en marcha o proxecto a colaboración institucional e, en especial, o liderado do ministerio.

Será un mercado, resaltou o conselleiro, “pensado por e para todos os cambadeses”. Así, busca dar resposta ás novas demandas dos consumidores, con servizos que situarán a esta praza de abastos á vangarda, como o de gardería, e con espazos para actividades como a restauración e degustación, ao tempo que se ofrecen modernos locais aos comerciantes, se incorporan máis emprendedores, e se atrae a máis clientela.

Todo o sector comercial cambadés verase beneficiado deste novo mercado, que servirá ademais de impulso á economía da zona atraendo máis turismo, un sector que representa o 11% do PIB de Galicia e máis do 11% do emprego, e no que Galicia vén de bater o seu récord histórico de visitantes internacionais nos primeiros once meses do ano. Será, apuntou o conselleiro, un dos mellores escaparates “dos produtos de calidade que dan sona a Cambados e ás Rías Baixas”.

Conde enmarcou o impulso ao novo mercado de Cambados na aposta da Xunta polos mercados como eixos estratéxicos do Conde destaca a nova praza de abastos de Cambados como referente do novo modelo de mercados galegos impulsores do comercio de proximidade e o turismocomercio de proximidade galego, que se ten traducido no apoio á intervención en máis de 80 mercados nos últimos anos, con apoios por máis de 17 millóns de euros. En 2015 a esas cifras se engadirán 3 novos millóns para financiar proxectos neste eido, así como a Rede de Mercados Excelentes, “á que agardamos que se poida incorporar nun futuro a praza de abastos de Cambados”, que, salientou o conselleiro, supón “unha unión entre crecemento e excelencia simbolizada na marca Galicia Calidade, que é a base sobre a que os galegos están a construír o seu futuro”.

 

- Publicidade -spot_img