A actuación foi executada por Augas de Galicia a mediados de decembro nas parroquias de Moscoso e Xunqueiras
As tarefas consistiron na retirada de árbores e ramas caídas no leito do río e en zonas de servidume que puideran provocar asolagamentos con chuvia intensa
Esta acción está enmarcada no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa da Xunta de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar os traballos de conservación fluvial, no Concello de Pazos de Borbén, concretamente ao seu paso polas parroquias de Moscoso e Xunqueiras.
As tarefas consistiron na retirada de árbores e ramas caídas que puideran provocar episodios de asolagamentos en momentos de chuvia intensa neste río pertencente á conca do río Oitavén, na zona hidrográfica Galicia Sur.
En total actuouse en máis de medio quilómetro (660 metros) de curso fluvial e Augas de Galicia no lugares de Costa de Xorxe e Muíño de Barragán. Nas imaxes pode apreciarse o estado do curso fluvial antes e despois da execución dos traballos:
Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver.



