Inicio Vigo e área Mos Conde destaca a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de...

Conde destaca a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de Mos un motor da economía local

Conde destaca a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de Mos un motor da economía localO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nesta iniciativa, na que cooperan o Concello e a Asociación de empresarios de Mos (Aemos) co apoio da Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de Mos un motor da economía local. Conde participou na presentación desta iniciativa, na que cooperan o Concello de Mos e a Asociación de empresarios de Mos (Aemos) co apoio da Xunta, e que, cun investimento de preto de 300.000 euros, permitirá ofrecer novos servizos a emprendedores e empresas.

Na súa intervención, Conde destacou o labor que desenvolve Aemos, e destacou que Mos forma parte dos Concellos Emprendedores, un distintivo co que contan un total de 131 municipios de toda Galicia, 20 deles na provincia de Pontevedra. Estes concellos benefícianse das vantaxes de formar parte desta iniciativa que busca facilitar o investimento empresarial, entre as que se inclúen máis simplificación administrativa á hora de poñer en marcha un novo negocio; máis facilidades de acceso ao solo industrial e máis incentivos fiscais para o seu tecido empresarial.

O feito de que Mos sexa Concello Emprendedor facilitou que Mos puidese acceder aos fondos destinados á posta en marcha de viveiros industriais, e serviu, tal e como apuntou Francisco Conde, para propiciar que a planta de Benteler se instalase na localidade, cun investimento de 20 millóns de euros e xerando 175 novos postos de traballo.

A Xunta mantén o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e os servizos dos parques empresariais galegos e esta mesma semana publicará no Diario Oficial de Galicia tres convocatorias de axudas cun orzamento global de 7,9M€ cos que se agarda mobilizar preto de 10M€ e apoiar unha trintena de iniciativas. A principal novidade é a oferta dunha nova liña de apoios para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica (ampliación de potencia da subministración eléctrica) á que se destinarán 4,4M€ entre 2020 e 2021. Ademais, a Xunta volverá convocar as axudas destinadas á mellora das infraestruturas dos parques industriais cun orzamento de 2,5M€, e o programa para financiar a creación de viveiros industriais, no que se investirá un millón de euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies