spot_img
InicioBaixo MiñoConcello e adegueiros reúnense para preparar unha nova edición da Feira do...

Concello e adegueiros reúnense para preparar unha nova edición da Feira do Viño do Rosal

Concello e adegueiros reúnense para preparar unha nova edición da Feira do Viño do RosalA alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse con representantes dos adegueiros da contorna para comezar a traballar de forma conxunta na vindeira Feira do Viño do Rosal, que este ano 2020 celebra a súa XXVIII edición

Durante o encontro comezaron a sentarse as bases para introducir e implantar melloras nesta festa de interese turístico, sempre dende unha perspectiva de “estreitar lazos de colaboración e seguir a liña de traballo marcada para conseguir que a Feira do Viño non soamente manteña a súa calidade, senón que a incremente ano a ano”, salientou Fernández.

Para o Goberno local esta feira “é un instrumento único para poñer en valor un dos nosos distintivos de calidade, como é o feito de ser Denominación de Orixe Rías Baixas subzona do Rosal”, como destacou a alcaldesa.

A XXVIII Feira do Viño do Rosal celebrarase os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo na Praza do Calvario, tres días nos que a exaltación do viño rosaleiro e dos produtos típicos da zona convivirán con un amplo programa lúdico para todos os públicos.

A DO Rías Baixas subzona do Rosal conta cun gran recoñecemento por parte de profesionais do sector e consumidores grazas a especial mestura da uva albariño con variedades propias da comarca como a loureira, a treixadura ou o caíño blanco.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.