Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda mellorará os accesos á praia do Muíño grazas ao proxecto...

A Guarda mellorará os accesos á praia do Muíño grazas ao proxecto europeo “Visit Río Miño”

A Guarda mellorará os accesos á praia do Muíño grazas ao proxecto europeo "Visit Río Miño"O pasado 10 de febrero, iniciáronse os traballos para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño

No comezo das obras estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, así coma representantes da empresa adxudicataria e a arquitecta que deseñou este proxecto.

O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño’, de preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do ‘Anel Verde do Miño’, que consiste nunha “rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galicia e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia”.

O orzamento do proxecto ascende a 192.190 €. As actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

As obras inclúen a regulación do tráfico mediante unha rotonda, a instalación dunha nova pasarela de madeira, a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia e a rexeneración do areal mediante o retranqueo do muro de contención existente.

Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción co inicio destas obras, destacando que “permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental.” Segundo explicou, o actual acceso ao areal “rompía a conexión co entorno natural”. Con estas actuacións “recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches”, evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía “gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable”.

Visit Río Miño é un proxecto de cooperación transfronteriza, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocarotia de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POPTEC) 2014-202

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies